Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Outono Rupestre nas Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra organiza Outono Rupestre, actividades culturais vinculadas á arte rupestre e aos catro centros de interpretación localizados na nosa mancomunidade: Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, Centro Arqueolóxico de Tourón, Área Arqueolóxica da Caeira e Centro de Interpretación dos Labirintos de Mogor.

As actividades, obradoiros familiares de pintura rupestre e visitas nocturnas, celébranse nas fins de semana de novembro e decembro, entre o 3 de novembro e o 8 de decembro; nos seguintes horarios: os obradoiros ás 11:00, 13:00 e 16:00 e as visitas nocturnas sempre ás 18:00.

outono ruprestre

Xa se levaron a cabo as actividades no PAAR de Campo Lameiro cunha importante afluencia de público. A vindeira semana estaremos en Tourón, Ponte Caldelas. Os obradoiros realizaranse na Casa do Pobo de Tourón e a visita nocturna no Centro de Interpretación de Tourón.

Para participar no Outono Rupestre é preciso inscribirse previamente: 886151195 ou no enderezo electrónico outonorupestre@gmail.com

O Outono Rupestre completase cunha xornada técnica, aínda que tamén aberta ao público xeral, que versará sobre os petróglifos e o turismo, Petróglifos turísticos de Terras de Pontevedra. Esta xornada celebrarase en Pontevedra, na Casa da Luz o 30 de novembro, na que catro expertos falarannos en horario de 9:30 a 14:00.

Lembrade que todas as actividades son de balde!

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea