Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra é unha mancomunidade turística que ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de Pontevedra, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, , Ponte Caldelas, e Vilaboa.

 

Novas de Terras de Pontevedra

Miradoiro de O Casteliño

Situado no lugar de Caldelas, na parroquia de Santa Baia de Ponte Caldelas, o Miradoiro do Sagrado Corazón do Monte Casteliño permite divisar unha boa panorámica do val do Río Verdugo, da Serra dá Castrelada e o Monte do Pé dá Múa. Ainda así, o principal encanto deste miradoiro é o pintoresco monumento ao Sagrado Corazón de pedra que coroa a capela.

Aos pés do mirador atópase a Igrexa de Santa Baia, punto de partida do Vía Crucis que leva ata a capela do Sagrado Corazón de Xesús, promovida en 1874 o párroco Don Antonio Martínez Peso.

Información

Dirección

Santa Eulalia, Ponte Caldelas
36820 Pontevedra

Aceso

O acceso está sinalizado dende a vila.

Info útil

Recomendase facer unha parada na Igrexa de Santa Baia, que queda a escasos metros da pista que accede ao mirador e ben merece unha visita

Como chegar ao Miradoiro de O Casteliño

Código QR

qr ponte caldelas miradoiro o sagrado corazon

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.398360
Lng: -8.504551

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°23'54.1"N
Long: 8°30'16.4"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia Logo de la Unión Europea