Arte Civil
Xunto ao importante patrimonio artístico relixioso que se forxou especialmente desde a época medieval nas Terras de Pontevedra, consérvase unha interesante mostra artística civil que se remonta á época romana. Como exemplo, a vella ponte do Burgo, en Pontevedra; que se ben a actual substitúe no medievo á construción inicial, foi a que deu nome á cidade.
Tamén especial relevancia adquiren os numerosos pazos, casas grandes e reitorais que se dispoñen nestas terras, testemuñas do pasado fidalgo da zona, que recende a historia.
Máis actuais son os paseos marítimos, lugares de encontro e espazos de lecer, que acollen a propios e estraños na súa mirada ao mar.
Digna de mención, e máis anecdótica se cabe, é a Escola Naval Militar de Marín, construída a mediados do século pasado, onde cursaron estudos o propio Rei, D. Juan Carlos, e o seu fillo, o Príncipe Felipe.