A área arqueolóxica da Caeira é un conxunto de gravados rupestres situado na Caeira, no lugar de Boa Vista, en Poio. A palabra “caeira” significa ladeira empinada, e nunha destas “caeiras”, a do Monte Tomba, a 150 m de altitude, atopamos máis dunha véntena de gravados e petróglifos. Tres deses conxuntos teñen a a distinción de Monumento Histórico Artístico: a Laxe do Xugo, a Laxe das Lebres e a Pedra Grande de Montecelo.
Os petroglifos e gravados ao aire libre da Caeira son coñecidos desde principios do século XX grazas ao traballo do intelectual pontevedrés Ramón Sobrino Buhigas.
A súa temática agrúpase en dous grandes bloques: xeométrico e naturalista, coa existencia dunha gran variedade de representacións tales como cervos, cazoletas, combinacións circulares e diversas figuras antropomórficas. Na Caeira hai petróglifos sinxelos con poucos motivos repartidos por varias zonas, pero son dúas estacións compostas por senllas pedras de grandes dimensións as que desempeñan un papel máis importante en todo este conxunto.
Pedra Grande de Montecelo
A Pedra Grande de Montecelo está integrada por un numeroso conxunto de combinacións circulares e constitúe un dos exemplos máis sorprendentes dos motivos xeométricos nos petróglifos do Grupo Galaico de Arte Rupestre.
A Laxe dás Lebres
A Laxe dás Lebres é un gran panel con representacións de cervos. Dous destes animais, posiblemente macho e femia, dispostos en simetría de espello constitúen o seu elemento principal. A ambos os dous lados aprécianse distintas figuras antropomórficas a modo de xinete.
Como atractivo engadido é preciso dicir que a beleza natural destes emprazamento convérteo nun privilexiado miradoiro natural sobre a ría de Pontevedra.