skip to Main Content

Castro de Penalba e Pedra da Serpe

Considerado como un dos castros máis antigos de Galicia (VIII – VII a. C.), o Castro de Penalba está situado no alto do monte nun outeiro granítico de 423 metros de altitude. Consta de dúas terrazas. A inferior esta circundada por unha muralla de pedra que tiña como funcionalidade, ademais da defensiva, a de conter a terra para permitir o asentamento. Na superior atopamos a ermida , onde se celebra a tradicional romaxe de Santo Antoniño de Penalba, e a coñecida Pedra da Serpe.

A Pedra da Serpe sitúase no cume do castro de Penalba, sobre unha grande lousa granítica, dende onde se pode ver unha grande panorámica das terras do río Lérez. A rocha está orientada cara ao nacente e inclínase uns 80º. Nela represéntase unha forma de serpe de grande tamaño, aproximadamente 2 metros, ainda que hai expertos que postulan que se mostran dúas serpes no momento do apareamento.

A serpe é un motivo moi representado no arte galego, e ista é unha das súas representacións máis antigas. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está datado entre o tránsito III-II milenio a. de C. pero este gravado realizaríase nos primeiros momentos da cultura castrexa, en torno aos. VIII-VII a. de C., como parte integrante dese depósito castrexo.

Na tradición as serpes eran seres máxicos e a lenda é una manifestación na que a sociedade tradicional mostraba a súa ideoloxía en clave simbólica: “Os matrimonios sen fillos que queiran ter descendencia deben de ir a noite de San Juan a copular sobre a pedra levando, como ofrenda, unha cunca de leite para que beban as cobras”, conta a lenda.

Direccion
Dirección
Campo Lameiro
36110, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.542937, -8.552605
DMS: 42°32'34.573''N 8°33'9.377''O
Acceso
Acceso
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top