O municipio de Poio acolle varios conxuntos de petróglifos da Idade do Bronce. Da importancia destes gravados rupestres da conta o Centro Arqueolóxico da Caeira, situado no centro á beira da oficina de turismo de San Salvador detrás do coñecido como Casal de Ferreirós.
Inaugurado en 2009, o Centro de Interpretación Arqueolóxica da Caeira está situado na no centro de Poio, detrás do coñecido como Casal de Ferreirós.
O Centro alberga un proxecto expositivo no que os visitantes poden observar e coñecer de xeito detallado as características dos petroglifos existentes no concello, e moi particularmente os da Área Arqueolóxica dá Caeira. A súa zona expositiva, explica o descubrimento e as achegas ao coñecemento dos petroglifos do arqueólogo Ramón Sobrino Buhígas, e alberga diversas instalacións orientadas aos nenos e multimedia.
Ademais, o centro inclúe unha réplica exacta do petroglifo Pozo Ventura, dunhas características excepcionais na arte rupestre desta zona da península, e que recorda máis ben a outras pezas achadas en Irlanda ou a rexión da Bretaña francesa.