skip to Main Content

Centro arqueolóxico de Tourón

O Centro arqueolóxico do monte de Tourón é unha boa antesala para coñecer máis a fondo o sentido dos petroglifos que se despregan por toda a zona. Nas súas instalacións atoparás información sobre os lugares onde están situados os petroglifos. Tamén poderás contemplar unha exposición sobre a paisaxe e os asentamentos no Neolítico e como realizaban os nosos antepasados as escenas de caza representadas nos gravados rupestres..

O acceso libre e gratuíto en área arqueolóxica, e non está sometido a horarios.

A area arqueolóxica dispón dunha ampla zona de descanso, concibida a modo de merendeiro, con mesas de pedra e unha fonte. A zona é arboredo e resulta ideal gozar da súa sombra logo de facer o percorrido no verán.

O Centro de Interpretación enriquece a visita. O acceso á Área Arqueolóxica é libre e gratuíta, e pode realizarse fora do horario do Centro Arqueolóxico. O percorrido está totalmente sinalizado.

O centro arqueolóxico está temporalmente fóra de servizo, pendente de reparación.

Direccion
Dirección
Lugar de Tourón
36828, Ponte Caldelas - Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.404919, -8.524249
DMS: 42º24'18.0"N 8º31'26.9"W
Acceso
Acceso
Dende a PO 532 en dirección Ponte Caldelas no lugar de Tourón, pasada a igrexa de Santa Maria,a tomar desviación á esquerda. Esta sinalizada.
Info Util
Info útil
Para visitar o recinto, recoméndase ir provisto de roupa de abrigo e calzado cómodo, xa que estamos nunha zona de montaña. Recorda que a luz do amencer e do atardecer reforza a percepción dos surcos. Aínda que o percorrido polo roteiro é claro convén gps.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top