skip to Main Content

Comer

O patrimonio gastronómico das Terras de Pontevedra convida ao visitante a degustar todo tipo de manxares. No litoral o produto estrela é o famoso marisco das Rías Baixas, xunto co peixe fresco. No interior as carnes adquiren un papel sobresaínte. O afamado viño Albariño da zona e os saborosos augardentes pontevedreses aseguran o éxito de toda cita gastronómica.

A riqueza do ecosistema da ría de Pontevedra, inscrita nas Rías Baixas, permite asegurar a calidade dos nosos mariscos, bandeira da gastronomía galega. A oferta diversifícase neste eido grazas a unha frutífera produción de ameixas, mexillóns, chocos, ostras ou zamburiñas, ao alcance do visitante en calquera dos restaurantes da zona. As afamadas cegalas de Marín son descargadas precisamente no porto de Marín, onde tamén se recibe a diario polbo fresco e todo tipo de peixes. Meros, pescadas, ollomoles, rodaballos, linguados, abadexos, robalizas, sardiñas, xoubas (sardiñas pequenas), son algúns dos pescados que desembarcan nos portos da ría. Algúns destes produtos, como é o caso da sardiña, que dá lugar ás sardiñadas (a máis importante é a que se celebra en todas as localidades galegas a noite de San Xoán), adquiren especial relevancia e son pretexto de moitas celebracións populares.

A calidade dos produtos das Terras de Pontevedra maniféstase tamén no interior a través das excelentes carnes que se serven cociñadas de forma variada (estufadas, á grella, asadas, fritidas, cocidas), sobresaíndo especialmente a tenreira galega e o porco. De entre todos os pratos, destaca no inverno o cocido galego, onde o gran protagonista é o porco, acompañado a miúdo de carne de galiña e de tenreira, xunto ás legumes e verduras que completan a receita. Outra das suculencias gastronómicas das terras do interior é a troita, peixe de río que deu lugar á Festa da Troitafesta de interese turístico que ten lugar o último fin de semana de maio en Ponte Caldelas.

Na sobremesa as exquisiteces veñen en forma de todo tipo de doces e repostería caseira. As tortas, roscóns, cañas, filloas, arroz con leite, leite fritido, ou o queixo de tetilla con marmelo son algúns dos produtos preparados para os padais máis ávidos.

E para acompañar non podemos esquecernos dos viños locais, entre os que sobresaen os brancos, especialmente o afamado Albariño, coñecido internacionalmente, froito das peculiaridades climáticas e do solo da zona. Tamén digno de mención é o excelente augardente que se dá nas Terras de Pontevedra, produto tradicionalmente caseiro, cuxo sector está hoxe en día completamente modernizado e profesionalizado, o que permite pór a disposición dos visitantes todo tipo de licores en restaurantes e tendas especializadas.

4 estaciones

1 Garfo
Vilaboa
+34 647 290 408

A Casa da Leña

1 Garfo
Pontevedra
+34 986 841 263

A Casa da Oliva

1 Garfo
Pontevedra
+34 886 204 212

A Casa de Ana

1 Garfo
Pontevedra
+34 986 862 275
Ver web →

A Casa de Pedra

1 Garfo
Pontevedra
+34 986 864 447

A Eira da Vella

1 Garfo
Cerdedo – Cotobade
+34 986 760 124 || +34 645 313 012 (móvil)

A Feira

1 Garfo
Poio
+34 986 771 206

A Fonte

1 Garfo
Ponte Caldelas
+34 654 978 005

A Gata Meiga

1 Garfo
Poio
+34 986 874 035

A Gruta tapería

1 Garfo
Pontevedra
+34 696 954 508
Ver web →

A Lareira churarrasquería

1 Garfo
Ponte Caldelas
+34 986 768 527

A Lonja Vella

1 Garfo
Marín
+34 986 892 097

A Goleta

2 Garfo
Marín
+34 986 704 004
Ver Facebook →

Alameda 10

2 Garfo
Pontevedra
+34 986 857 412 || +34 986 859 433
Ver web →

Asador o Fanal

2 Garfo
Pontevedra
+34 986 896 392

Barrique

2 Garfo
Pontevedra
+34 886 213 739
Ver Facebook →

Cafetín

2 Garfo
Pontevedra
+34 986 847 873
Ver Facebook →

Cambalache

2 Garfo
Pontevedra
+34 698 176 230

Campolongo-7

2 Garfo
Pontevedra
+34 986 851 575 || +34 986 868 086

Casa Fernández

2 Garfo
Pontevedra
+34 986 864 710

Casa Pepe

2 Garfo
Poio
+34 986 872 823

Casa Román

2 Garfo
Pontevedra
+34 986 843 560
Ver web →

Casa Solla

2 Garfos
Poio
+34 986 872 884
Ver web →

Don Antonio

2 Garfo
Ponte Caldelas
+34 986 750 946

La Bodeguilla

3 Garfo
Marín
+34 986 892 289

Back To Top