skip to Main Content

A Lama

O concello de A Lama, cos seus máis de 110 Km2 e dez parroquias, compón un dos lugares máis ricos en cultura megalítica na zona de Pontevedra.

Pertence á rede Natura 2000, polos seus bosques e espazos naturais de gran valor ecolóxico, como o Coto da Puza, a 1035m de altura, onde aínda se poden ver lobos en liberdade.

As mostras que quedan de culturas milenarias son máis que abundantes, datando as máis antigas do 4000 a.C.
En Chan de Campo ou Outeiro hai algúns grabados rupestres en pedra. Pero a parroquia de Verducido leva premio neste tipo de xacementos.

En San Martiño hai varios grabados rupestres. En Val de Gato atópase A pedra da tartaruga, unha formación rochosa coa forma dunha gran tartaruga. Tamén destaca o petroglifo de Laxa das Puzas, a base de círculos concéntricos e cunha cova no centro. E, dun pouco máis adiante no tempo, hai unha característica ponte medieval de seis arcos, sobre as augas do río Oitavén.

En Portela de la Cruz, O Suído, O Seixo e incluso en Antas, hai algúns monumentos funerarios e mámoas.

Por outro lado, na parroquia de Gaxate, onde tamén está a fermosa igrexa do Sagrado Corazón, quedan restos dalgúns castros, sobre todo muros do antigo poblado.

A arte relixiosa tamén ten o seu protagonismo neste concello. Na parroquia de Gaxate, ademáis de restos de castros, destaca o santuario do Sagrado Corazón. En Antas, no monte do Ceo, o Santuario das Ermitas, e na parroquia de Xende, o Santuario do Santo Cristo, ambos singulares e cunha gran tradición por parte dos veciños.

Back To Top