Barro é unha parada fundamental no camiño portugués, na que rodearse de natureza e desfrutar da arte relixiosa galega. Cunha extensión de 37,9 kilómetros cadrados, chegou a ser un dos primeiros concellos constitucionais: o de Trasumia.
Está formado polas parroquias de Agudelo, Barro, Curro, Portela, Valiñas e Perdecanai, onde está a capital municipal (en San Antoniño).
O máis famoso de Barro é o Parque da Natureza do Río Barosa, cunha fervenza de máis de 30 metros de desnivel. A Fervenza de Maquieira leva esa forza que movía os antigos muíños, dos que aínda se conservan algúns rehabilitados. Merendeiro, restaurante, un largo paseo polo bosque… Sen dúbida, unha visita obligada.
E, a 514 metros, a cima do monte Acibal é a maior altura de todo o municipio.
San Andrés de Baliñas, Santa Cibrá de Agudelo… Os monumentos relixiosos tamén son abundantes na zona. Destaca a igrexa de San Martiño de Agudelo, de estilo románico, que data do século XVII e celebra a súa romería o 11 de setembro. Na parroquia de Curro, atopamos a Igrexa de Santa María de Curro, de estilo oxival, e que data de comezos do século XVI.