skip to Main Content

Cerdedo – Cotobade

O municipio de Cerdedo – Cotobade encóntrase na bisbarra de Terras de Pontevedra e a a tan só 22 km. da capital. Pódese considerar a Cotobade un lugar moi rico en canto a patrimonio, tanto polos restos arqueolóxicos, os seus espazos naturais, ou pola arquitectura que acharemos neste municipio.

Cotobade 3

Cerdedo-Cotobade conserva na parroquia de San Xurxo de Sacos, un importante conxunto de grabados rupestres entre os que destacan Os petroglifos de Fentáns. O conxunto acolle multiples estacións que supoñen unhas 300 piedras gravadas, ainda que son tres as rocas más destacables: a Pedra dás Ferraduras¸ a Laxe dos Cebros e o Couto do Rapadoiro, tres estacións de gran importancia arqueolóxica que permiten facer unha ruta case circular partindo de las cercanías da Ermita de Lixó. Tamén son especialmente relevantes os complexos rupestres localizados na parroquia Viascón donde se atopan as estacións de Pedra do Lombo da Costa, Laxe do Cuco e a roca de Portela da Laxe.

Cotobade 4
Cotobade 5

Dos espazos naturais destacan dous principalmente, un o río Lérez, que forma parte da fronteira oeste e norte do municipio e polo leste a Serra do Cando. Uns e outro permiten permiten atractivas rutas de senderismo e bicicleta de montaña (BBT) . O Lérez e a sua cunca aportan a Cotobade un importante patrimonio natural,  cultural e etnográfico onde salientan os bosques de ribeira e frondosas autóctonas, como a Carballeira de San Xusto, zonas balneares como os Baños de San Xusto, e numerosos muiños e pontes medievais, entre os que salienta a Ponte de Pedre.

No tocante ao patrimonio construído, compre destacar a Igrexa de Santa María de Sacos, romanica, e a importante pegada do barroco que ofrece mostras tan elaboradas como Igrexa de Augasantas, ou as de Almofrei, Borela, Carballedo, Rebordelo ou Valongo, asi como a presenza na contorna de Cerdedo de notables conxuntos etnográficos como son os “eirados” ou conxuntos de hórrreos.

Cotobade 2
Cotobade 1
Back To Top