Ponte Caldelas é engaiolante. Ten unha vila con encanto, arte rupestre, xente amable, e unhas empanadas de vicio… Pero o que de verdade sorprende deste concello é a contorna do río Verdugo e a súa maravillosa praia fluvial, A Calzada, á única praia con bandeira azul de España.

De Ponte Caldelas a beleza natural da paisaxe, e sobre todo as ribeiras do Río Verdugo que atravesa o municipio cun tupido arbolado autóctono nas súas marxes, e que ao seu paso pola vila se remansa nunha paisaxe idílica de paseo fluvial con pontes de madeira. A fermosura dos recursos fluviais do Verdugo non se cinguen a vila, xa que que ao longo do río hai distintos lugares especialmente agradecidos como son os Pasos da Fraga e o Paseo que leva Praia fluvial da Calzada, moi concorrida por bañistas e visitantes no verán.
Tamén é destacable tanto a presenza de bosques autóctonos como a Carballeira de Caritel, e excelentes miradores, como o Mirador do Casteliño, ao pe da Capela do Sagrado Corazón, ou as vistas que permiten os montes de Pe da Múa, ou os altos da Serra da Castrelada.


No tocante ao patrimonio, Ponte Caldelas ten algunas igrexas realmente relevantes como a románica de Santa María de Tourón, ou as barrocas de Santa Baia, que é inicio dun viacrucis que remata no Sagrado Corazón. E a Igrexa de San Martiño de Xustáns, do século XVII. Non obstante, o seu patrimonio máis relevante é rupestre, representado tanto pola Área Arqueolóxica de Tourón, un dos conxuntos de petroglifos máis importantes de Galicia, que é posuidor dun centro de interpretación, como pola existencia doutras estacións rupestres relevantes, habilitadas para a visita como acontece coa estación de Campo de Cuñas, onde se atopa a espectacular Pedra do Cervo.


