skip to Main Content

Vilaboa

Vilaboa é un pequeno concello, a penas 38 km cadrados, cun litoral amplo enmarcado por montes e miradoiros que vai dende o fondo da ría de Vigo ata a Ponte de Rande acollendo  unha serie de elementos que moi atractivos para a visita.

Vilaboa 1

Hai que comezar mencionando a Lagoa de Castiñeiras, de orixe artificial (1950), aspecto que non lle quita o seu encanto. Un dos aspectos mais destacables  deste espazo e a riqueza da súa flora e fauna e a riqueza troiteira dos seus ríos. Conta cunha Aula da Natureza que organiza visitas de grupos. Preto da lagoa atópase o Miradoiro de Cotorredondo, un lugar privilexiado desde o que admirar, conxuntamente, as rías de Arousa, Pontevedra , Vigo e a illa de San Simón.

De máximo interese resulta o seu patrimonio rupestre onde se poden contemplar distinta mámoas, como o conxunto megalítico Chan de Castiñeiras onde se atopa a Mámoa do Rei, de impresionantes dimensións. No que atinxe a outros arqueolóxicos, cómpre destacar a existencia da varias estacións de petróglifos da parroquia de Cobres, entre os que destacan os de Chan dos Areeiros.

Vilaboa 2
Vilaboa 3

De interese natural e de especial interese para a visita son as Salinas de Ulló, un lugar excelente para observar a fauna avícola do LIC (Lugar de Interese Cultural) da Enseada de San Simón. A zona está perfectamente sinalizada e permite tanto o sendeirismo na beira do mar, como os percorridos ciclistas. Pero non é esta zona o único recursos para o sendeirismo pois os amantes de camiñar por lugares marabillosos, teñen en Vilaboa distintos sendeiros sinalizados que ben pagan a pena como a Ruta dos Muíños de Riomaior, ou a dos Petroglifos de Cobres.

Como herdanza doutros tempos, en Vilaboa pódense detectar moitas curiosidades. No estreito de Rande, por exemplo, atopamos na Punta do Aradoiro,  os restos dunha fortaleza que o protexía cunha cadea tendida desde a marxe oposta da ría. Tanto esta cadea como a fortaleza foron destruídos na famosa batalla de Rande, en 1702, polos barcos anglo-holandeses que acosaba aos comboios da Flota de Indias cargados de ouro e prata.

A arquitectura relixiosa tamén está presente neste concello, no que atopamos a fermosa Igrexa de  San Martiño, reformada nos anos 1673 e 1859 , segundo consta na parte externa dos muros, e as parroquiais de Santa Cristina e San Adríán.

Vilaboa 4
Vilaboa 5
Vilaboa 6
Back To Top