skip to Main Content

Descubrindo a historia e paisaxes de Marín

Descubrindo A Historia E Paisaxes De Marín

A ruta

A ruta historia e paisaxes de Marín é un percorrido por 6 parroquias do concello de Marín. Pasaremos por lugares cargados de historia coma o Castro da Subida, os petróglifos de Mogor, ou o descoñecido campo de tiro de Monte Penizas. A igrexa románica de Santa María do Campo, a paraxe do río Loira con infinidade de muiños e un espectacular bosque de ribera. O banco da Pastoriza e o castilo de Ardán para posteriormente volver o centro de Marín percorrendo todas as praias do concello. Natureza, historia e unhas magníficas vistas acompañarannos ao longo de toda a xornada.

Ruta interpretada polo historiador Fran Alonso. 
Visitaremos:
  • Castro da Subida.
  • Petróglifos de Mogor.
  • Campo de tiro de Monte Penizas.
  • Igrexa románica de Santa María do Campo.
  • Río Loira.
  • Banco da Pastoriza.
  • Castelo de Ardán.
  • Centro de Marín.
  • Praias de Marín.

Características

  • Día: 23 de novembro.
  • Hora: 10:00 a 18:00 h.
  • Duración: Ruta de xornada completa, mañá e tarde, parando a comer. Importante levar comida para o mediodía.
  • Dificultade: media-baixa. A maior dificultade débese a que a distancia é longa, pero o terreo é de dificultade baixa.
  • Ruta interpretada polo historiador Fran Alonso. 
  • Tipo: circular.
  • Distancia: 26km.

Prezo

  • Ruta: 15€. Inclúe: Guía, seguros accidentes e RC.
  • Non inclúe: Comida e bebida.
+ info e venta de entradas
Back To Top