Fallados os Premios de comunicación turística Terras de Pontevedra
Pedro Tizón Otero, estudante do Grao de Comunicación Audiovisual, foi premiado na categoría de microvídeos e a Clase de 1C do IES A Xunqueira foi a gañadora na categoría de Post. Ao concurso presentáronse 73 traballos dos que 14 foron microvídeos e os 59 restantes participaron na categoría de post.
A Mancomunidade Terras de Pontevedra, mediante o Convenio de Colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, promoveu os “Premios de Comunicación Turística Terras de Pontevedra” coa finalidade de dar a coñecer o patrimonio turístico das Terras de Pontevedra, a través das ferramentas de comunicación máis novidosas e innovadoras, e coa implicación e participación de centros galegos de ensino de Bacharelato, FP, Ensinanzas Artísticas Superiores e a Universidade e dos seus estudantes. Impartíronse un total de 17 sesións formativas sobre recursos turísticos, creación audiovisual e redes sociais en 6 centros de ensino diferentes.
Dos 73 traballos presentados aos premios, 14 foron microvídeos e os 59 restantes participaron na categoría de post, repartidos todos eles entre participacións a modo individual ou ben polos centros de estudos (6) nos que participaron un total de 12 clases diferentes.
Unha vez finalizada a fase de votación popular na que se contabilizaron un total de 2.163 votos, os participantes finalistas de cada unha das categorías foron
Categoría de microvídeos
- Pedro Tizón Otero con 373 votos.
- Francisco Ferreirós Rodríguez con 314 votos.
- María Cardama García con 147 votos.
Categoría de post
- Clase de 1C do IES A Xunqueira I (representada por J.M. Castro Poceiro) con 171 votos,
- Paula Balvís Quintáns con 167 votos
- Sandra Querubin Carlin con 153 votos
Na seguinte ligazón pódense visionar todos traballos presentados aos premios podéndose ordenar a listaxe polos máis votados:
https://premium.easypromosapp.com/entries/815364/sort:votes/direction:desc
Logo de analizados os traballos finalistas de cada unha das categorías, e tendo en conta diversos aspectos como a creatividade e orixinalidade dos traballos, a adecuación temática no referente á posta en valor do patrimonio turístico das Terras de Pontevedra nos ámbitos da arte rupestre, as praias, a cultura, a artesanía, os recursos naturais, a arte, a gastronomía, etc. dos concellos que forman parte da Mancomunidade, así como claridade, potencia e impacto da mensaxe, xunto coa calidade técnica e compositiva reflectida nos traballos, o xurado elixíu como
Gañador da categoría de microvídeos
“Spot Terras de Pontevedra”, de Pedro Tizón Otero, estudante do Grao de Comunicación Audiovisual e maior de 18 anos.
- Pedro Tizón – Operador de cámara/Director de fotografía
- Adán Cordeiro – Montador
- Dani Cornes – Música orixinal
Gañador da categoría de post
“Pontevedra, Terras de Premio” da Clase de 1C do IES A Xunqueira I, representada por J.M. Castro Poceiro cun traballo realizado por Isaac Gulías Otero
Ambos gañadores serán recompensados con un premio de 500€ coa correspondente retención dos impostos.