skip to Main Content

Festas

Tradición e cultura

A riqueza cultural de Terras de Pontevedra maniféstase na diversidade de celebracións festivas que acolle. Historia, cultura, tradición e relixión dan lugar a un sen fin de festividades de toda índole: festas e romarías relixiosas, celebracións tradicionais pagás, celebracións de recreación histórica, feiras de exaltación gastronómica,…

Dentro da gran amplitude de actos festivos, cabe subliñar os máis sobranceiros. Terras de Pontevedra acolle varias festas de interese turístico, como a romaría de San Benitiño de Lérez, no municipio de Pontevedra, recoñecida como FESTA DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL; e a Festa da Troita de Ponte Caldelas e o Entroido de Cobres, en Vilaboa, declaradas DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA.

Tamén interesantes son outras festividades, como a Feira Franca de Pontevedra, rememoración histórica da puxanza medieval da cidade do Lérez; a Festa dos Maios, conmemoración da chegada da primavera especialmente celebrada nos municipios costeiros; as Festas do Carme, propias tamén dos municipios costeiros, a romaría de San Antonio de Penalba, en Campo Lameiro; a de San Breixo e a do Santo da Remua en Barro; a Festa do Mar en Poio; ou a da Peregrina en Pontevedra.

 

Back To Top