skip to Main Content

A Rapa das Bestas

Todos os anos a finais do mes de agosto celébrase no monte da Escusa (Castrove, San Xoán de Poio) e no concello de Cotobade as ‘Rapa das Bestas’, co cabalo como protagonista. Durante a ‘Rapa’, as xentes afánanse en apresar os cabalos que se atopan en estado salvaxe, aos que posteriormente marcan e cortan as crinas.

Esta antiga xuntanza, hoxe considerada como unha festa popular, reúne todos os anos multitude de curiosos que se achegan até o lugar para observar esta práctica tradicional.

Back To Top