skip to Main Content

Feira de Cuspedriños

Feira de Cuspedriños ten lugar en San Xurxo de Sacos (Cotobade) e vén a recuperar o que constituíu a mediados do pasado século un dos máis importantes focos comerciais da zona. A vitalidade desta feira foi esmorecendo até desaparecer nos anos sesenta. Desde o pasado 2007 estase a recuperar esta iniciativa, coa celebración de polo menos dúas edicións anuais.

Entre os numerosos atrativos desta feira atópanse múltiples produtos tradicionais dispoñíbeis á venda para todo aquel que estea interesado: froitas, pan, doce, queixo, o popular requeixo de Corredoira, embutidos, viño, callos, as típicas filloas de Valongo, mel, zocos, roupa, ferretería, todo ao máis puro estilo tradicional das feiras galegas de antano. Todo elo amenizado con cantigas de cego, un titiriteiro, gaiteiros, incluso coa presencia do afiador e dun fotógrado ‘coma os de antes’

O visitante poderá vivir a tradición de Terras de Pontevedra a través desta peculiar e característica feira.

Ligazóns de Interese

TURGALICIA: www.turgalicia.com
CONCELLO DE COTOBADE: www.concellodecotobade.org

Back To Top