skip to Main Content

Festa da Cigala de Marín

Sen dúbida, unha das feiras gastronómicas máis populares das Rías Baixas, é a denominada Festa da Cigala, que ano tras ano fai medrar o número de visitantes que se reúnen na Praza do Regueiro, xusto á entrada do porto, co obxectivo de degustar este delicioso crustáceo.

Marín ten un dos portos pesqueiros máis grandes de Galicia e de España, polo que a súa tradición gastronómica sobre todo céntrase nos froitos do mar. Vén de vello como mostra o escudo de Marín, que ten como lema “A nosa Fortuna é o Mar”. Un mar que achega aos visitantes excelentes mariscos e onde a cigala, que ten o seu hábitat na plataforma continental os entre os 20 e os 500 metros de profundidade, chega viva á lonxa para ledicia dos futuros comensais.

Back To Top