As festas da Virxe da Peregrina, patroa da cidade de Pontevedra, teñen lugar todos os anos na segunda semana de agosto. Durante a ‘semana grande’ de Pontevedra, que comeza coa lectura do pregón desde o balcón municipal e a ofrenda á Virxe Peregrina, a cidade acolle a propios e estraños que se achegan á vila do Lérez para gozar das festas patronais.
Múltiples espectáculos musicais, de danza e pirotécnicos que teñen lugar xunto ás memorábeis verbenas, celebracións taurinas e actividades de índole variada que se organizan para todos os públicos.
No final das festas os fogos artificiais poñen punto final a unha semana ateigada de diversión.