skip to Main Content

Festa da Virxe do Carme

As festas en honra á Nosa Señora do Carme teñen lugar o 16 de xullo en todas as poboacións mariñeiras. No municipio de Marín adquiren unha importancia especial ao constituír a festividade máis importante do ano, declarada de interese autonómico, pero tamén en Poio teñen un papel relevante no calendario festivo.

A costa de Terras de Pontevedra atéigase de cores coas fermosas flores, bandeiras e follas de palmeiras que engalanan as múltiples embarcacións que se botan á ría, sendo a máis acicalada a que porta a imaxe da Virxe do Carme.

Ao chegar ao centro da ría atópanse todas as embarcacións para dar volta xuntas e regresar aos seus portos de orixe, continuando a procesión coa imaxe da Virxe do Carme até o seu santuario.

Back To Top