skip to Main Content

San Bietiño de Lérez

A romaría de San Bieitiño de Lérez, declarada de Interese Turístico Nacional, é coñecida en toda Galicia. Esta sona é recollida nalgúns cantares populares, coma o famoso ‘Se vas ao San Benitiño / non vaias ao de Paredes / que hai outro máis milagreiro / San Benitiño de Lérez’.

A tradición fai que todos os anos os romeiros acudan ao Mosteiro de San Benitiño de Lérez (S. IX), situado á beira do río Lérez. Este templo é de gran fermosura, se ben xa non se conservan os vestixios da primeira construción románica, sendo a actual de corte neoclásico.

O culto a San Bieito ten as súas orixes na alta Idade Media, propagado grazas á Orde do Císter. A importancia deste santo é tal que é un dos máis venerados de Galicia. Os romeiros acoden ao santo milagreiro para curar verrugas, tumores e feridas. A peregrinación represéntase simbolicamente a través do paso baixo o altar, cando os romeiros untan un dedo nunha lámpada de aceite, da que se afirma ten propiedades milagreiras.

Back To Top