
Novas de Terras de Pontevedra
9 curiosidades de Terras de Pontevedra que seguro te sorprenderán

Terra de navegantes e poetas, camiño de paso dende tempos inmemoriais e unha historia que vai mais aló da Idade de Bronce... Terras de Pontevedra está chea de historias e datos curiosos que, xunto coas paisaxes únicas, sorprenden a quen nos visita por primeira vez.
Hoxe imos un paso mais lonxe: traémosvos 9 datos curiosos que seguro vos van sorprender.
Unha viaxe polo interior de Terras de Pontevedra: qué visitar en Cerdedo - Cotobade

A tan só 22 quilómetros da cidade de Pontevedra, atópase o concello de Cerdedo – Cotobade, un lugar de grande riqueza natural e patrimonial. Cruzado polo rio Lérez na súa parte norte e limitado ó este pola Serra do Cando, os seus mais de 200 quilómetros cadrados de extensión son o resultado da fusión realizada en 2016 dos concellos de Cerdedo e de Cotobade, a segunda fusión deste tipo que se produciu en España dende 1981.
O concello conta, ademais, con un importante calendario de festas gastronómicas e numerosas rotas de sendeirismo e BTT coas que explorar os espazos protexidos LIC Val do Lérez e LIC Serra do Cando. Pero, ¿que non te deberías perder no concello?
Vivir a historia en Terras de Pontevedra: 4 festas imprescindibles nas que mergullarse no pasado

A relevancia dos territorios que hoxe conforman Terras de Pontevedra na historia en indiscutible. Dende as calzadas romanas ós petróglifos, das igrexas románicas ós altares churriguerescos, son moitas as mostras dun pasado emocionante e creativo.
Hoxe en día, é posible revivir os tempos pasados, dende o século XV ó século XX, ó largo e ancho da provincia. Neste artigo destacamos 4 das festas históricas imprescindibles nas que mergullarse no pasado e algunhas ideas mais para conectar coa historia de Terras de Pontevedra.
Un día en Poio: que ver e facer para unha visita inesquecible á Ría de Pontevedra

Ó carón da cidade de Pontevedra e separado unicamente pola ría, o concello de Poio combina a paisaxe meramente mariñeira coa urbana, ofertando a quen o visita un importante patrimonio artístico e natural.
Recollemos algún dos imprescindibles de Poio para que non perdas nada na túa próxima viaxe pola Ría de Pontevedra.
Comer en Terras de Pontevedra: as festas gastronómicas ineludibles

Galicia é un paraíso para os amantes da boa mesa: un produto de primeira calidade e quilómetro cero, grandísimos cociñeiros e a paixón por compartir as nosas tradicións e historias con un prato diante e unha copa do mellor viño. Terras de Pontevedra non podía ser una excepción.
¿Coñeces Marín? 7 imprescindibles para a túa próxima viaxe a Galicia

A mancomunidade turística de Terras de Pontevedra conta con unhas paisaxes marabillosas que namoran ós viaxeiros que visitan as Rías Baixas. As praias de Marín son algunhas delas, pero isto non é o único que oferta o concello.
Neste artigo percorremos algún dos lugares e as actividades imprescindibles que non te podes perder na túa próxima visita a Marín.
Arte rupestre con nenos: 9 formas diferentes de desfrutar dos petróglifos en familia

Se estás pensando en visitar Terras de Pontevedra coa familia, seguro que xa tes feita una lista cos sitios imprescindibles que cada un de vos quere visitar.
Con unha das maiores concentracións de Arte Rupestre de toda Europa, existen multitude de áreas arqueolóxicas que engadir a esa lista, pero ¿sabías que tamén hai moitas actividades coas que podedes desfrutar dunha forma distinta dos petróglifos cos nenos?
¿Coñeces Vilaboa? Descobre 7 imprescindibles de Vilaboa que non te podes perder na túa próxima viaxe ás Rías Baixas

Vilaboa é un dos grandes descoñecidos das Terras de Pontevedra para ós viaxeiros e viaxeiras. Para moitos, é tan solo un lugar de paso cara á Ponte de Rande, pero este concello está nunha das paisaxes mais belas das Rías Baixas: a Enseada de San Simón, e conta con unha grande tradición mariñeira e moito que ofertar ós amantes da natureza a historia e a fotografía.
Neste artigo percorreremos algún dos lugares e actividades que non te podes perder en Vilaboa. Esperamos que os desfrutes na túa próxima viaxe ás Rías Baixas.
Que facer en Terras de Pontevedra en familia, cando chove

A choiva nunca foi un impedimento para desfrutar das Rías Baixas: os soportais nas cidades, como os de Pontevedra, a tradición dos contos de lareira, descobre algún recuncho armados cunhas boas botas e un paraugas… Pero existen ademais moitas alternativas para visitar sen mollarnos.
Descubrimos os camiños históricos de Terras de Pontevedra a través de 7 sendeiros únicos

Camiñar polas paisaxes de Terras de Pontevedra é un pracer para os 5 sentidos. A mancomunidade conta con unha gran tradición de camiños polos que peregrinos e viaxantes transitan dende os tempos dos romanos.
Hoxe eses camiños convertéronse en roteiros de sendeirismo únicos, moitos dos cales transcorren por espazos naturais protexidos da rede Natura 2000 ou LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) como son o val do Rio Lérez, a Enseada de San Simón e a Serra do Cando.
De entre as moreas de sendeiros sinalizados, escollemos 7 que esperamos vos animedes a percorrer connosco:
- 1
- 2