Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Centro Histórico Pontevedra

Declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1951, o centro histórico de Pontevedra é un dos mellores conservados de Galicia, e testemuña indiscutíbel do esplendor medieval da cidade, cando Pontevedra aínda estaba profundamente ligada ao mar.
A beleza das súas rúas e prazas encandean a todo aquel que as visita, entre casas populares e de avoengo que revelan o pasado da cidade, con importantes mostras arquitectónicas que conservan o encanto de tempos distantes. Durante todo o paseo quedará patente o pasado fidalgo de Pontevedra, ao camiñar ao paso dos numerosos brasóns que ocupan as fachadas de todo o casco histórico.


 

A praza da Leña, onde antano se vendía a leña para quentar as cociñas, recolle os tres pazos que actualmente albergan o Museo Provincial, recoñecido como un dos museos máis representativos da historia, a arqueoloxía e a arte galega.

A un paso, a praza de Verdura - onde até fai poucos anos se podían mercar os produtos do campo- convértese nun dos centros neurálxicos da vila, punto de encontro para tomar un refrixerio antes de continuar o noso paseo deica a praza de Méndez Núñez. Esta bonita praza alberga a casa na que viviu e morreu no s. XIX o contra almirante do mesmo nome. Nela tampouco faltan as terrazas, amén da escultura de Valle-Inclán, obra do artista contemporáneo César Lombera. O ilustre escritor Valle-Inclán deixa tamén a súa pegada noutros espazos do casco histórico, como a casa na que viviu, na praza das Cinco Rúas, onde se atopa o cruceiro máis senlleiro de Terras de Pontevedra.



Baixando até a beira do río chegamos á praza de Mugártegui -xusto antes de chegar á praza de Abastos- onde se atopa o pazo que actualmente ocupa a sé do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, bandeira do coñecido viño Albariño da zona.

Seguindo o noso percorrido, subindo deica a parte alta do casco histórico desde Mugártegui e pasando novamente pola praza de Méndez Núñez, o visitante chegará á preciosa praza do Teucro, nome do arqueiro grego ao que se lle atribúe a fundación de Pontevedra.

Para finalizar con éxito este percorrido polas belas prazas de Pontevedra, haberá que continuar subindo a man esquerda desde a praza do Teucro, para atoparnos coa espectacular praza da Ferraría, onde antigamente os artesáns traballaban a forxa, hoxe lugar de encontro de moitos dos espectáculos que se organizan na cidade, e que acolle, entre outros edificios, o Convento de San Francisco, cos seus fermosos xardíns.

Amén de pola representatividade e excelente estado de conservación da súa arquitectura civil, o casco histórico de Pontevedra destaca pola súa non menos importante arquitectura relixiosa. Así, as ruínas do antigo Convento de San Domingos, malia que hoxe só conservan parte do seu esqueleto externo e a cabeceira do antigo templo, son consideradas o mellor expoñente do gótico galego.

Preto das ruínas de San Domingos atópase a Basílica de Santa María a Maior, declarada Monumento Nacional, da que cabe subliñar a portada plateresca de excelente talla mandada construír polo antigo Gremio de Mareantes no século XV, onde aparece representado o Cristo da Boa Viaxe, ao que os mariñeiros se encomendaban antes de partir ao mar.

Ademais cabe sinalar varias igrexas conventuais representativas, como a de San Francisco, a da Peregrina -con planta en forma de concha de vieira como símbolo dos Camiños Xacobeos- e, algo máis lonxe, máis abaixo da praza da Leña, a de Santa Clara e a de San Bartolomeu.

Audioguía Centro Histórico Pontevedra

altavozDescargar

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.