Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Centro Histórico Combarro

Nomeado 'Conxunto de Interese Artístico e Pintoresco' en 1972, o centro histórico de Combarro, situado fronte á illa de Tambo, é visita obrigada para todo aquel que se achegue a coñecer Poio. O visitante non pode perderse o encanto deste pobo mariñeiro, que ten constancia documental desde o seculo XII.

A orixe de Combarro é moi antiga. No ano 1105 Combarro e a illa de Tambo foron doados pola raiña dona Urraca e o Conde don Raimundo ao Mosteiro de Poio.

As vivendas dispóñense en torno a un eixo lonxitudinal, a rúa de San Roque, da que saen outras rúas máis pequenas que descenden até o mar. Distínguense tres tipos diferentes de casas: a terreña, a labrega, e as de sobrado, todas elas de dimensións moi parecidas e formadas por unha planta baixa e un piso, no que se sitúan os seus particulares balcóns.

Pero o elemento máis salientábel do conxunto son os máis de 30 hórreos que se dispoñen en torno á costa, e que forman un dos maiores conxuntos de Galicia. A función destes hórreos de almacenamento apórtanos a imaxe dun pobo no que o agrícola e o mariñeiro se mesturan formando un conglomerado particular.

Tamén cabe subliñar os numerosos cruceiros dispostos entre as pequenas rúas empedradas, elementos relixiosos populares que, xunto aos hórreos, forman parte da paisaxe tradicional galega.

 
 

Audioguía de Centro histórico de Combarro

altavozDescargar audioguía do Centro histórico de Combarro

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.