Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Praias accesibles

 0001 portocelo playa accesible

Para que todas as persoas, incluíndo aquelas con discapacidade, poidan gozar da praia e do baño é necesario que esta teña unhas instalacións que faciliten a súa utilización a persoas de mobilidade reducida.  Terras de Pontevedra é consciente diso e oferta praias adaptadas con ramplas accesibles e cadeiras anfibias para o baño de discapacitados.

Os concellos de Poio e Marín teñen sido dos primeiros en Galicia de adaptar a súa oferta de praias a “Orde VIV/561/2010, de 1 de febreiro, por la que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o aceso e utilización dos espazos públicos.

Na actualidade todas as praias relevantes dispoñen de ramplas de acceso, e aparcamentos reservados para PMR, pero complementariamente ás condicións de accesibilidad das instalacións, tamén deben preverse unha serie de servizos dirixidos ás persoas con necesidades especiais, que foron especialmente coidadas en catro praias de Terras de Pontevedra.

 0000 bano accesible

No concello de Poio atopamos dúas con praias bandeira azul excelentemente adapatadas, Xiorto e Cabeceira, e en Marín, Mogor e Portocelo, que son praias con bandeira azul e o distintivo Emas, están tamén preparadas para o turismo accesible con aparcamentos PMR, ramplas accesibles que chegan ata area, cadeiras anfibias para o baño de discapacitados, e persoal de axuda para os mesmos.

 

Servizos de praias para persoas de Mobilidade Reducida PMR).

SERVIZOSXIORTOCABECEIRAPORTOCELO
MOGOR
Ramplas SI SI SI SI
Pasarenas SI SI SI SI
Duchas adaptadas NO NO NO NO
WC adaptados SI SI SI NO
Cadeira anfibia NO SI SI NO
Persoal de apoio SI (1) SI (1) SI (1) NO
Deportes Adaptados NO NO NO NO

 

 

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.