Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Terras en cadeira de rodas

pontevedra integradora2

Terras de Pontevedra colabora con Cogami, (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) no deseño dunha oferta turística para para discapacitados. Esta colaboración deu como primeiro resultado a elaboración dun catálogo de recursos turísticos que permiten gozar do patrimonio artístico, a natureza, o sendeirismo ou a praia ás persoas de mobilidade reducida no territorio desta mancomunidade turística.

Para todas as persoas toda viaxe sempre representa unha aventura, e se o viaxeiro ten algunha minusvalía isto pode supoñer unha complicación engadida, pero non necesariamente ten que resultar un problema insalvábel.

A maioría dos destinos poden adaptarse en maior ou menor medida, para que sexan accesibles, e neste caso tomouse obxectivo o achegar Terras de Pontevedra aos usuarios de cadeira de rodas. Tomouse como punto de partida que nos usuarios de mobilidade reducida cada persoa é un caso diferente e debe ser consciente das súas posibilidades e limitacións.

A redacción destes cadernos pretende dar pautas sobre niveis de dificultade para a viaxe resulte cómodo, agradábel e sen sorpresas de última hora. Por esta razón, redactáronse sete cadernos, un por cada concello da mancomunidade.

Todos os cadernos seguen un esquema común, composto por estes apartados:

  • Directorio: enderezos e datos de contacto dos principais puntos de referencia.
  • Distancias: Atangue dous grupos. Un, coas distancias entre o concello ao que fai referencia o caderno e os demais concellos de Terras de Pontevedra. Outro, entre o mesmo concello e as sete cidades de Galicia.
  • Zonas destacadas: fai referencia ás principais zonas, reclamos e puntos de interese.
  • Descrición: apórtase un conxunto de imaxes e, a unha descrición sinalando facilidades e dificultades do percorrido.

Cadernos de mobilidade reducida de Terras de Pontevedra

 

 Descargar pdf "Caderno de mobilidade reducida para Campo Lameiro"

 Descargar pdf "Caderno de mobilidade reducida para Cotobade"

Descargar pdf "Caderno de mobilidade reducida para Marín"

 Descargar pdf "Caderno de mobilidade reducida para Poio"

 Descargar pdf "Caderno de mobilidade reducida para Ponte Caldelas"

 Descargar pdf "Rutas PMR espacios naturais de Pontevedra: 1. Praia fluvial - Presa de Monteporreiro | 2. Ruta Illa da esculturas"

 

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.