Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Piragüismo / Remo

Os piragüistas e remeiros do río Lérez forman parte da típica estampa de Pontevedra. Nun paseo pola beira do río, o Lérez adquire todo o seu encanto mentres os moitos deportistas que adestran nestas augas poñen todos os seus folgos en ser os mellores. Con este marabilloso espazo natural non é de estrañar que Pontevedra dea tantos/as piragüistas destacados/as. As características deste río no seu tramo final son as máis axeitadas para a práctica deste deporte que, entre outros/as, deron ao campión olímpico David Cal.

A vinculación de Terras de Pontevedra con este deporte é tal que o pasado ano Pontevedra acolleu o Campionato de España de Piragüismo e, a continuación, o de Europa. Para este cometido levouse a cabo a construción dunhas magníficas instalacións en O Pontillón, de referencia no mundo do piragüismo. O Centro de Piragüismo de Pontillón do Castro ofrece un espazo axeitado para competicións de alto nivel.

En todo o caso, xa sexa para a práctica deste deporte, ou tan só para observar, vaga a pena achegarse até as inmediacións do Lérez.

Ligazóns de Interese

TURGALICIA: www.turgalicia.com
TURISMO RIAS BAIXAS: www.riasbaixas.org

 

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.