Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Rutas en barco

A beleza do litoral de Terras de Pontevedra pódese contemplar non só desde terra, a través das fermosas vistas desde os seus miradoiros, paseos e praias... senón tamén mediante a oferta existente de roteiros en barco. Unha proposta distinta é a que fai 'Pescanatur Rías Baixas', que permite ao turista coñecer de primeira man o mundo do mar, participando directamente cos mariñeiros da zona.

Existe unha ampla oferta que permite, desde tomar un pequeno cruceiro até a illa de Ons, até alugar unha embarcación co persoal e tempo que se desexe (pode solicitar información en calquera dos puntos de información turística do litoral de Terras de Pontevedra).

Cruceros Turísticos Nautilus, S.L.
A Praia, 3 | 39992 Raxó
(San Gregorio)
986 74 01 18
Poio
Cruceros turísticos

Pescanatur Rías Baixas
Pontevedra 'San Telmo'
Ponte Nova, 31 - 1º | 36003 Pontevedra
www.pescanatur.es
986 85 29 01
Pontevedra
Pesca

Pescanatur Rías Baixas
Marín 'Sta. Mª del Puerto'
Lonxa de Pescados Sur, 1º - Porto Pesqueiro | 36900 Marín
www.pescanatur.es
986 88 16 86
Marín
Pesca

Ligazóns de Interese

 CONCELLO DE BARRO: www.barro.es
 CONCELLO DE POIO: www.concellodepoio.es
 CONCELLO DE PONTEVEDRA: www.pontevedra.eu
 CONCELLO DE MARIN: www.concellodemarin.es
 CONCELLO DE VILABOA: www.vilaboa.org
TURGALICIA: www.turgalicia.com
TURISMO RIAS BAIXAS: www.riasbaixas.org

Outras Ligazóns de Interese

PESCANATUR: www.pescanatur.es

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.