Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Instalacións naútico - deportivas

Club Naval de Pontevedra
Entidade Xestora:
Club Naval de Pontevedra (Av. del Uruguay, s/n)
Teléfono: 986861022 Fax: 986861022 Web: www.clubnavalpontevedra.com
Concello:
Pontevedra C.P.: 36002 Club Naval de Pontevedra
Lonxitude:
008º38 0,0"W, Latitude: 42º26 0,0"N
Características:
Nº de amarres fixos: 120 | Nº de amarres transeúntes: 10 | Máxima eslora recomendada: 15 m | Calado bocana: 2 m | Calado dársena: 2 m | Grúa: 12 tn
Servizos das Instalacións: Auga en amarre, Luz en amarre, Xeo, Peirao de espera, Duchas e WC, Vixilancia, Iluminación nocturna, Teléfono público, Radio (VHF 9), Club de vela, Servizo Marpol, Recollida de lixo, ximnasio, Combustíbel Diésel, Combustíbel Sen Chumbo.
Horario: 12 - 14h e 16 - 21h

Navegación
APROXIMACIÓN DE DIA
O Club Naval de Pontevedra atópase ao fondo da ría de Pontevedra, fóra de carta por estar dentro do propio leito do río Lérez. O seu acceso, pese a terse dragado o canal, vese limitado pola falta de calado (2 m en baixamar escorada) e pola presenza da ponte da Barca, que non permite o paso a veleiros con máis de 12 m de altura. Malia a todo é un porto moi seguro e atópase en pleno centro da cidade de Pontevedra. Para acceder até el tan só hai que navegar deica o fondo da ría até entrar pola boca da canle, balizada por pequenas torres.

A ría ten tres canles de acceso:
A primeira delas pasa entre o baixo Faxilda e o Picamillo, sóndanse entre 9,4 m e 15 m e é a principal para entrar pola boca do NW. Para tomar este paso abonda con levar enfilado ao 325º o monte Facho -en Corrubedo- co máis saínte cara ao mar da península do Grove.
A segunda das canles pasa entre os baixos dos Camoucos e a illa de Ons, a penas ten 0,3 m de ancho e sóndanse entre 7 e 15 m. Estes baixos están balizados, así que non haberá máis que achar a media do paso entre a illa de Ons e a baliza. Se pasada a canle quérese continuar a navegar preto e paralelamente á illa de Ons para o S haberá que afastarse desta polo menos 400m.
A terceira das canles é a que pasa pola boca do SW, é a máis segura e a única abordable con calquera tipo de mar.

APROXIMACIÓN DE NOITE
Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento:
Vindo do Sur navegaremos á procura da boca de entrada na ría de Pontevedra do SW, a que pasa entre o faro de punta Couso (GpD(3)BV 10,5s 20m B10M V8M) e o da illa de Ons (GpD(4)B 24s 127m 25M). Estando na oposición dos mesmos navegaremos rumbo 040º aprox. ata ter á vista polo costado de estribor a luz verde (GpD(2)V 7s 12m 5M) do baixo Cabezo da Mourisca, situada a pouco máis de media milla ao NE do cabo de Udra. Continuamos a navegar cara ao NE rumbo a pasar xunto á luz vermella (IsoR 5s 4M) da boia do baixo Cabezo de Mozarrán. Con esta polo costado de babor xa teremos á vista, pola proa, a luz do faro (GpOc(3)B 8s 35m 11M) de punta Tenlo Chico da illa Tambo e a da boia do emisario submarino (GpD(4)A 11s 5M) situada a pouco menos de media milla ao E de punta Tenlo. Situados coa illa Tambo polo través de babor teremos as luces do porto de Marín (principalmente GpD(3)V 9s 9m 6M) por estribor e a proa as da canalización do río Lérez con resplandores vermellos e verdes que nos conducirán ata porto sen problema ningún.

Porto de Sto. Adrán de Cobres
Entidade Xestora: Porto de Sto. Adrán de Cobres (Peirao de Sto Adrán de Cobres)
Teléfono: 986673807
Fax: 986672545
Concello: Vilaboa
C.P.: 36141
Lonxitude: 8º39 0,0"W
Latitude: 42º18 0,0"N
Características:
Nº de amarres fixos: 210 | Nº de amarres transeúntes: 21 | Máxima eslora recomendada: 18 m | Calado bocana: 4 m | Calado dársena: 3 m
Servizos das Instalacións
Auga en amarre, Luz en amarre, Bar-Restaurante, Duchas e WC, Vixilancia, Iluminación nocturna, Teléfono público, Radio (VHF 9), Aparcadoiro, Servizo Marpol, Recollida de lixo, Acceso restrinxido a pantaláns, Rampla de varado.
Horario: 10 - 13h e 16 - 20h

Navegación
APROXIMACIÓN DE DIA
As instalacións portuarias do Porto de Santo Adrián de Cobres encóntranse na costa N da ría de Vigo. Para arribar a porto entraremos na ría pola canle S, a principal, seguindo o rumbo marcado pola enfilación do cabo Estai, e despois de ter superado a oposición punta Lameda - cabo Vicos poremos rumbo ao 041o que nos marca a enfilación da torre-baliza Borneira (ao S do cabo Balea) coa torre da praia Rodeira e o monte-faro Domaio. Unha vez teñamos a illa de Toralla ao través de estribor, poremos rumbo para deixar a baliza do baixo Tofino por estribor e, posteriormente, continuaremos a navegar cara ao interior da ría deixando a boia do baixo Rodeira e a do Con de Pego polo costado de babor para ter xa pola proa as instalacións do porto do Con, Moana e Moana Mar.

APROXIMACIÓN DE NOITE
Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento:
Vindo do S navegaremos á procura da luz do faro das illas Cíes (GpD(2)B 8s 187m 22M) e a do cabo Silleiro (GpD(2+1)B 15s 82m 24M). Cando teñamos esta última por estribor, navegaremos ata pasar entre a baliza do illote Boeiro (GpD(2)R 8s 23m 5M) e o punto cardinal W (GpCt(9)B 15s 5M) dos illotes das Serralleiras. Situados, navegaremos seguindo a enfilación 069º do cabo Estai (ant. IsoB 2s 18m 18M e post. a 660 m da ant. OcB 4 50m 18M) ata estar na oposición da luz de punta Lameda (GpD(2)V 8s 29m 5M) e cabo Vicos (GpD(3)R 9s 94m 10M). Situados, navegaremos ao 040o en demanda da luz do baixo Tofino (GpD(4)V 14s 11m 5M) e a de pedra Borneira (GpD(2)R 7s 13m 7M). Deixando por babor as da boia Baixo Rodeira g10 h (GpD(3)R 9s 5M) e a do baixo Salgueirón (GpD(2+1)R 15s 5M) e por estribor as do porto de Vigo navegaremos a pasar ao S do baixo Con de Pego (GpD(4)R 11s 9m 5M) en demanda das do porto do Con (GpD(4)R 11s 11m 5M) e Moaña (GpD(3)R 9s 9m 5M), xusto entre as cales se encontra o porto deportivo Moaña Mar, coas súas luces vermella e verde de entrada a porto.

Real Club de Mar de Aguete
Av. Gago de Mendoza, 167 - Marín.
T 986 702 373 | F 986 702 708.
www.rcmaguete.com
Lat.: 42º2'32N | Long.: 08º44'12W.

Club Náutico de Raxó
R/ Praia, 29 1º - Poio.
T 986 741 510 | F 986 741 510.
Lat.: 42º24,07'54N | Long.: 08º45,16'42W.

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.