Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Pesca Marítima

Unha grande parte de Terras de Pontevedra é litoral, e forma parte do que se coñece como Rías Baixas, dunha riqueza natural incalculábel. Este enclave privilexiado, coa ría como sistema de formas litorais, converte á zona nun verdadeiro verxel para a pesca marítima*.

Ademais da posibilidade da pesca recreativa -xa sexa de costa, desde embarcación ou submarina-, baixo a denominación 'Pescanatur Rías Baixas' existe unha oferta alternativa para dar a coñecer ao turista o mundo do mar de primeira man, participando directamente cos mariñeiros e mariscadoras da zona.

Esta experiencia especificamente orientada ao turista, conta con actividades para o coñecemento dos rumbos e manobras de navegación, o funcionamento dos aparellos de pesca, os costumes das especies capturadas, gastronomía, riqueza paisaxística e natural das illas, así como outros aspectos do patrimonio mariñeiro, crenzas e lendas.

A oferta de Pescanatur Rías Baixas presenta varios roteiros desde Pontevedra e Marín, en Terras de Pontevedra.

Roteiros desde Pontevedra:

- Pescando na ría de Pontevedra.
- Cos mariscadores a flote na illa de Tambo.
- Hórreos mariños e mariscando en Combarro.
- Percorrendo a riqueza mariñeira e mariscadora.
- Degustando a cultura gastronómica mariñeira.

Roteiros desde Marín:

- Pescando na ría de Pontevedra.
- Recursos dos areais da illa de Tambo.
- A riqueza pesqueira e marisqueira de Marín.
- Degustando a cultura gastronómica mariñeira.

Información e reservas 'Pescanatur Rías Baixas':

PONTEVEDRA 'San Telmo'.
Ponte Nova, 31 - 1º | 36003 Pontevedra.
T 986 85 29 01 | F 986 864 895.
e-mail reservas: pontevedra@pescanatur.es

MARÍN 'Santa María del Puerto'.
Lonxa de Pescados Sur, 1º | Porto Pesqueiro | 36900 Marín.
T 986 881 686 | F 986 882 550.
e-mail reservas: marin@pescanatur.es
*É mester lembrar a todas as persoas que practiquen esta actividade, que deberán facelo sempre no cumprimento da normativa vixente.

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.