Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Ciclismo

A riqueza natural de Terras de Pontevedra fai deste entorno un magnífico lugar para a práctica de actividades ao aire libre. A mancomunidade dispón de espléndidos emprazamentos para gozar da bicicleta coa natureza e respirar a súa esencia en calquera época do ano.

Ademais dos diversos camiños e sendas que se abren ao longo de todo o territorio da mancomunidade, o municipio de Poio propón unha interesante ruta cicloturista para visitar este concello e coñecer a súa beleza natural ao longo duns 18 quilómetros, que discorren entre sendas do interior e estradas secundarias. Durante o percorrido o visitante pode gozar de marabillosas vistas panorámicas sobre a ría, á vez que se penetra na arquitectura popular da zona, da man dos muíños de auga, fontes, lavadoiros e, sobre todo, cruceiros, que se erguen durante todo o traxecto. Aqueles que estean interesados en realizar esta ruta, aconsellámoslles soliciten o mapa do percorrido no punto de información turística de Poio que está situado precisamente no Casal de Ferreirós, onde ten lugar o inicio do percorrido.

Fonte: Concello de Poio www.concellodepoio.es

Ligazóns de Interese

TURGALICIA: www.turgalicia.com
TURISMO RIAS BAIXAS: www.riasbaixas.org

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.