Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Cruceiros

Afírmase que en toda Galicia existen máis de 10.000 cruceiros. Terras de Pontevedra non quedan allea a estes monumentos que lembran un pasado misterioso do entorno mesturado cunha arraigada tradición relixiosa. Antigamente os cruceiros erguíanse case sempre en lugares públicos, especialmente nas encrucilladas, beiras de camiños e adros das igrexas. Nestes lugares era moi habitual que existiran cultos pagáns á natureza.

En todos en os municipios que conforman as Terras de Pontevedra se erguen multitude de cruceiros, especialmente nas zonas rurais. Constitúe un bo exemplo o cruceiro que preside o adro de San Miguel de Carballedo, en Cotobade. Máis urbano é o cruceiro situado no centro do casco histórico de Combarro, dotado de gran encanto polo seu especial e inspirador emprazamento. Tamén subliñábel é o cruceiro de Acuña, en Vilaboa.

O municipio de Pontevedra reúne senlleiros cruceiros nas prazas do seu casco histórico. O cruceiro gótico de San Bartolomeu o Vello, que actualmente se pode visitar nas ruínas de San Domingos, é un dos máis antigos de Galicia (s. XIV). Os cruceiros tardogóticos das prazas da Leña e de Alonso de Fonseca tamén son dignos de mención, se ben o máis afamado é o da praza das Cinco Rúas (1773). Xa no rural érguense multitude destes monumentos populares.

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.