Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Muíños

A importancia do muíño en Terras de Pontevedra, e do territorio galego en xeral, vai máis alá de ser unha mera ferramenta para moer o gran e obter a fariña para o pan. A súa importancia maniféstase como elemento artellador das características sociais e culturais dun pobo. A riqueza hidráulica do espazo que ocupa Terras de Pontevedra propiciou a proliferación destes muíños por toda a zona, que pola súa propia esencia, adoitan situarse nos lugares máis fermosos.

Terras de Pontevedra goza dunha grande riqueza patrimonial no que a este tipo de arquitectura popular se refire. Se ben actualmente os muíños caeron practicamente en desuso, a consciencia da súa importancia histórica está a xerar un grande interese pola súa conservación, polo que se están a desenvolver políticas de restauración.

Son moitos os muíños que se concentran en Terras de Pontevedra. Todos os municipios contan con algún vestixio dun pasado non tan distante no que este ben etnográfico ocupaba un importante lugar. De entre todos, cabe subliñar o conxunto de muíños de Barosa (lugar da Maquieira), no municipio de Barro, formado por 17 muíños tradicionais sobre o río Ameixeira, recentemente restaurados e en asombroso estado de conservación. Ademais da beleza da súa construción, o visitante pode gozar dunha serie de camiños, pontes e dun merendeiro; todo elo nun excepcional e fermoso paraxe natural no que a auga se precipita desde o alto do río Barosa creando unha fermosa fervenza. A canción da auga que cae, xunto coa fermosura do lugar, cos muíños dispostos en escaleira até a parte máis baixa nun espazo natural inmellorábel, provocan a admiración de todo aquel que os visita, que tamén pode gozar do baño nas pozas que se forman.

Xunto aos moitos outros muíños que se dispoñen por todo o territorio, é mester sinalar os Muíños de Samieira en Poio, que precisamente propiciaron o acondicionamento dunha ruta, a denominada Ruta dos Muíños. Esta ruta, considerada como unha das rutas de muíños máis importantes das Rías Baixas, segue o trazado do regato dos Muíños, na parroquia de Samieira, ao longo do cal se dispoñen os 23 muíños que forman parte do percorrido.

Ligazóns de Interese

TURGALICIA: www.turgalicia.com
TURISMO RIAS BAIXAS: www.riasbaixas.org

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.