Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Petos de ánimas

En todo o territorio que ocupan as Terras de Pontevedra esténdense un importante número de petos de ánimas, uns trescentos aproximadamente. Este elemento artístico popular tipicamente galego, espállase por toda Galicia, moitas veces xunguido á figura do cruceiro.

Os petos de ánimas atópanse nos camiños e encrucilladas, e xorden nun contexto profundamente relixioso coa finalidade de axudar ás ánimas do purgatorio (onde se redimen os pecados cometidos en vida) no seu paso ao ceo, grazas ás esmolas que se depositan nestes lugares para a salvación destas almas en pena, as cales unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda. Resultan especialmente curiosas as inscricións que se poden ler en moitos destes petos, en ocasións construídos polos veciños dun lugar ou pola devoción dun fregués. Un senlleiro exemplo destes monumentos populares é o que se atopa en Barro, no lugar de Porráns.

Ligazóns de Interese

TURGALICIA: www.turgalicia.com
TURISMO RIAS BAIXAS: www.riasbaixas.org

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.