Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Escola Naval Militar

En pleno núcleo urbano de Marín, a carón do seu Paseo Marítimo, atópase a Escola Naval Militar, proxectada polo arquitecto Antonio de Comingues. Construída en 1943 en terreo anteriormente ocupado polo Castelo de San Fernando, situouse neste emprazamento polas especiais características da ría, ao constituír un lugar seguro, ao abrigo e espazoso. De estética rexionalista, o recinto recolle instalacións industriais e espazos dedicados á instrución militar e ao deporte, así como xardíns, zona residencial, hospital, capela e casino. A fermosa illa de Tambo, tamén propiedade da Armada Española, álzase moi preto, a menos dunha milla náutica do porto.

Ligazóns de Interese

CONCELLO DE MARÍN:www.concellodemarin.es
TURGALICIA:www.turgalicia.com
TURISMO RIAS BAIXAS:www.riasbaixas.org

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.