Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Paseos marítimos e fluviais

As características naturais das Terras de Pontevedra facilitan a multiplicación de espazos para o ocio e o lecer que humanizan o territorio e aportan un valor engadido ás poboacións que se estenden en toda a zona.

No litoral, o Paseo Marítimo de Marín constitúe un excelente lugar de lecer, moi apreciado tanto polos propios habitantes, como polos seus visitantes. Situado entre o porto e a Escola Naval Militar, o Paseo Marítimo de Marín convértese no verán nunha animada terraza asomada ao mar. Desde este emprazamento, acondicionado para albergar o porto deportivo de Marín, pódense observar cómo atracan as pequenas embarcacións de pescadores, ademais de ser lugar de embarque para visitar as Illas Ons.

Tamén en Marín, o Paseo de Portocelo é de beleza singular, xa que bordea o litoral desde o núcleo de poboación até a praia de Portocelo, coa magnífica vexetación que xorde á beira da ría, constituíndo todo o paseo un verdadeiro miradoiro cara o mar.

Na costa frontal, no municipio de Poio, o Paseo Marítimo de Combarro lévanos até o casco histórico de Combarro, nomeado en 1972 Conxunto de Interese Artístico e Pintoresco, máis urbanizado que o anterior, pero tamén de grande atractivo.

No capítulo de paseos fluviais é digno de mención o Paseo Fluvial do río Lérez, en Monte Porreiro, que bordea o curso do río á súa entrada en Pontevedra.

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.