Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Aviso

JFile: :read: non é posíbel abrir o ficheiro: http://www.visit-pontevedra.com/rss/genera_rss.php?id_seccion_rss=9&languaje_rss=gal&r=2345

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Pazos, Casas Grandes e Reitorais

Non hai municipio nas Terras de Pontevedra que non conte con algunha representación do pasado fidalgo da zona. Este pasado maniféstase a través dos pazos, casas grandes e reitorais que se dispoñen por toda a xeografía. Se ben a cidade de Pontevedra destaca pola grande concentración destes innegábeis monumentos no seu casco histórico, non menos importantes son as múltiples e máis dispersas edificacións paceñas que se erguen no rural.

No municipio de Barro os pazos de Santo Antoniño (Pardecanai), de Vista Real (Agudelo) e da Torre (Barro) son bos exemplos da arquitectura paceña nas zonas rurais; ao igual que as que se erguen no municipio lindeiro de Campo Lameiro, como a Casa das Cruces, o Pazo de Ameixeriñas, o da Formigueira ou a Casa da Betarra.

Ademais dos pazos e casas grandes, atopamos boas mostras de casas reitorais, como as de Augasantas e de Valongo, ambas do século XVIII, no municipio de Cotobade. Tamén en Cotobade consérvanse pazos coma os de Cutián e de Casás (con cadansúa torre rematada polo característico pombal), e o senlleiro pazo de Barbeitos (tamén coñecido como de Bermúdez de Castro, construído a finais do s. XVIII, principios do XIX). Máis recente é a Casa dos Deán de Lourenzos, en Rebordelo.

No litoral, o municipio de Marín alberga o notable pazo de Cadro (Santo Tomé de Piñeiro, ss. XVIII-XIX), coas características propias deste tipo de edificacións, conservando a torre ameada de orixe medieval e a capela dedicada a Santa Bárbara. A solaina voada achega a paisaxe da ría pontevedresa ao senlleiro lugar.

Tamén se conservan, como fiestra do pasado, os escudos pétreos de pazos coma o de San Brais de Aguete, a Brea e o Chirleu (Seixo).

Na beira oposta da ría, o veciño municipio de Poio trae aos nosos días antigas construcións paceñas coma as dos pazos do Casal (s. XVIII), da Gracia (segunda metade do s. XIX), e o palacete dos González Besada, algo posterior (1910). Deste último destacan os seus xardíns, ademais da vivenda dos guardeses e a reconstrución da fachada do pazo dos Churruchaos de Pontevedra, de estilo gótico.

Deica as terras do interior, o municipio de Ponte Caldelas acolle, entre outros, a Casa da Inquisición e o Pazo do Pombal, ambos en Tourón. Sobresae especialmente este último, fundado en 1688 por D. Pedro de Pazos de Probén. Máis tardías son as casas de indianos (finais do s. XIX, principios do s. XX), espello da emigración a América, con formas ecléctico-modernistas.

Moi diferentes son os pazos que inundan o casco histórico da cidade de Pontevedra, todos eles nun excelente estado de conservación. A maioría destas edificacións xorden no século XVIII, e presentan as características solainas voadas e balcóns cubertos apoiados sobre canzorros. Bos exemplos da arquitectura paceña barroca do centro histórico urbano pontevedrés son os pazos de García Flórez e de Castro-Monteagudo (actualmente acollen parte dos fondos do Museo de Pontevedra), de Maceda (actual Parador de Turismo), de San Román, de Gago, de Aranda, de La Sierra, de Cruz-Montenegro, etc. Algo anterior é a Casa das Campás (fins s. XV), mostra dunha florecente fidalguía asentada na cidade do Lérez desde o medievo. Tamén é destacábel como exemplo do pasado fidalgo do maior centro urbano das Terras de Pontevedra o elevado número de escudos que se dispoñen por todo o casco histórico de Pontevedra, superior ao de calquera cidade galega.

Tamén no municipio de Pontevedra atopamos exemplos paceños nas zonas rurais. Boa mostra desta arquitectura fidalga son os pazos do Bao, en San Pedro de Campañó; de Gondar, en Santo André de Xeve; da Parda e dos Miradores, en San Martiño de Salcedo; e da Carballeira, de estilo neoclásico e tamén situado nesta parroquia. Reedificada en 1783 polo arcebispo compostelá don Sebastián Malvar e Pinto, actualmente constitúe a sé da Misión Biolóxica de Galicia, e conserva ademais un dos hórreos máis grandes e altos de Galicia. Tamén son dignas de mención as casas reitorais de Alba, Marcón, Salcedo e Santa María de Xeve. Capítulo a parte merece o pazo de Lourizán, mandado construír polo político e avogado Eugenio Montero Ríos a finais do século XIX, que acolle actualmente o Centro de Investigacións Ambientais e Forestais. Motivo de visita deste emblemático lugar son os seus magníficos xardíns, de traza francesa, atravesados polo regato dos Tríos, onde pódense atopar en magnífico equilibrio especies autóctonas e foráneas, traídas de diferentes partes do mundo.

O municipio de Vilaboa non escapa á riqueza paceña das Terras de Pontevedra. Os pazos da Barreira (Santo Adrán de Cobres), de Larache e da Granxa da Torre (ambos en Santa Cristina de Cobres) son algúns exemplos. É digno de mención o Cristo Xacente da capela da Granxa da Torre, de gran veneración. Tamén destacan neste municipio casas reitorais. A máis salientábel é a de Santo Adrán de Cobres (s. XVIII), que conserva capela, hórreo e unha curiosa paneira de dous pisos (1772). A casa reitoral de Vilaboa, tamén edificada no s. XVIII, destaca pola torre con troneiras, a fonte do patio e os garitóns que protexen o muro que pecha o recinto. Tamén conserva o pombal e o hórreo; este último coa peculiaridade de estar soportado sobre tres pares de pés, en lugar de dous, como é habitual. Tamén convén visitar a fábrica da casa reitoral de Santa Cristina de Cobres, datada nos sécalos XVI e XVII. Máis actual é a casa reitoral de Bértola, co seu reseñábel hórreo, construída a inicios do s. XIX.

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.