Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Pontes

A vinculación das Terras de Pontevedra coa auga queda patente a través das numerosas pontes que se elevan ao longo de todo o territorio, algunhas delas moi antigas. Un bo exemplo atopámolo no municipio de Cotobade, onde se atopan as pontes de Borela (s. XV), con arco oxival; e Almofei (s. XVI), algo máis tardía (o que explica o seu arco menos apuntado). Aínda posterior (s. XVIII) é a ponte de San Xurxo de Sacos, atravesada polo río Lérez.

Esta vinculación á auga atopámola tamén en Ponte Caldelas, poboación que debe o seu nome ao seu xurdimento, xa que naceu a carón da ponte que antigamente cruzaba o río Verdugo (a actual data do século XVI), unida ao manancial de augas sulfuroso-sódicas que manan no seu entorno.

Unha historia similar é a de Pontevedra, que lembra a través do seu nome o seu destacábel pasado romano, marcado pola Vía XIX, que atravesaba o río Lérez pola antiga ponte do Burgo, reedificada posteriormente. Formada por once arcos rebaixados de medio punto, a construción actual está realizada en cadeirado medieval, moi modificada por ampliacións posteriores. Tamén salientábel é a contemporánea ponte dos Tirantes, que une o centro da cidade de Pontevedra co impresionante edificio do Auditorio e Recinto Feiral, proxectado por Manuel de Casas en 1995. Outras pontes importantes neste municipio son a do Couto de Marcón, a Ponte Bolera (s. XVIII), a antiga de Santa María de Bora e a sobresaínte de Ponte Sampaio.

Ligazóns de Interese

TURGALICIA: www.turgalicia.com
TURISMO RIAS BAIXAS: www.riasbaixas.org

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.