Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Aviso

JFile: :read: non é posíbel abrir o ficheiro: http://www.visit-pontevedra.com/rss/genera_rss.php?id_seccion_rss=9&languaje_rss=gal&r=2345

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

A gran pegada románica

De entre todos os estilos que se poden atopar na zona, o románico proliferou especialmente. A igrexa de San Martiño de Agudelo, no municipio de Barro é un bo exemplo disto. Construída a comezos do século XIII, o templo conserva restos tardorrománicos na ábsida e supón un claro exemplo da extensión da influencia no entorno rural do singular Mestre Mateo, patente a través das características arquivoltas de medio punto na súa portada, decoradas con temática vexetal, herdeira do Pórtico da Gloria. É ademais destacábel a figura labrada con báculo e en actitude de bendicir que se supón, representa a san Martín bispo. Tamén en Barro atopamos a igrexa de Santa María de Curro, con abundantes restos tardogóticos.

Tamén no municipio de Campo Lameiro atopamos referentes da arquitectura románica. Esta presenza maniféstase a través de igrexas como a de San Miguel do Campo, que conserva unha fermosa ábsida románica (último terzo do s. XII), e a de Santa Mariña de Fragas, da que o tímpano da portada occidental (segunda metade do s. XII) amosa un bispo con báculo e dous acólitos cunha cruz e un libro en actitude de bendicir, ao igual que na portada do templo de San Martiño de Agudelo.

A igrexa parroquial de Santa María de Sacos, no municipio de Cotobade, é outro bo exemplo do románico da zona (finais do s. XII). As cabezas de animais e figuras masculinas e femininas amosando os seus xenitais, situaadas nos canzorros, xunto co tradicional Agnus Dei coa cruz repousando sobre a representación dun lobo, inspiraron antigamente temor aos fieis, e aínda hoxe se poden admirar.

Deixando a un lado o interior e achegándonos á costa, no municipio de Marín, a arquitectura relixiosa ten na igrexa de San Tomé de Piñeiro (último terzo do s. XII) o seu principal exemplo. O templo presenta ábside poligonal e canzorros decorados nas cornixas, mentres que nun capitel do presbiterio amosa a figura de Daniel no foxo dos leóns. Algo máis tardía e igrexa de Santa María do Campo (s. XIII), que pertenceu á orde militar de San Xoán de Xerusalén e que conserva así mesmo varios dos seus antigos canzorros.

Continuando novamente deica o interior, a igrexa de Santa María de Tourón , no municipio de Ponte Caldelas, amosa vestixios románicos na súa portada occidental e no presbiterio, ademais de albergar un magnífico retablo barroco.

Seguimos a nosa viaxe polo románico no municipio de Pontevedra, onde se manifestan como principais referentes as igrexas de San Mamede de Moldes (finais do s. XII, reedificada no cemiterio de San Mauro) e Santa María de Ponte Sampaio (s. XIII, de transición cara ao gótico, ao igual que o templo parroquial de San Miguel de Marcón. Outros bos exemplos son os restos da igrexa parroquial de San Vicente de Cerponzóns e os das capelas de San Mamede e Santa Margarida de Mourente. Tamén a refeita capela de San Roque de Pontevedra incorpora vestixios románicos e góticos na súa actual fábrica.

Finalizamos este percorrido polo románico da zona en Vilaboa, que ten o seu exemplo máis senlleiro de arquitectura relixiosa no templo de San Martiño, con vestixios precisamente románicos (capiteis do s. XII), se ben incorpora unha capela lateral de estilo barroco (s. XVII), ademais dun esvelto campanario (s. XIX).

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.