Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

O efímero paso do gótico

Se ben o gótico non deixou unha pegada tan grande en Galicia coma noutros lugares de España e, sobre todo, do resto de Europa, as Terras de Pontevedra acolleron o que se recoñece coma o máximo expoñente do gótico galego: o Convento de San Domingos en Pontevedra, do que hoxe só se conservan as evocadoras e misteriosas ruínas da cabeceira da súa igrexa, concibida con cinco capelas absidais (s. XIV).

Outro significativo exemplo do gótico pontevedrés é a igrexa conventual de San Francisco (s. XIV), construída coas características propias do gótico mendicante, con triple ábsida e ampla nave lonxitudinal de gran capacidade. Na súa capela maior presenta varios sepulcros góticos de nobres e fidalgos, entre os que destaca o correspondente ao almirante e trobador Paio Gómez Chariño (s. XIV).

Tamén en Pontevedra deixou a súa presenza o gótico a través da igrexa conventual de Santa Clara (s. XIV), dunha soa nave, á que posteriormente se lle incorporaron notábeis retablos barrocos.

Outras apartacións do gótico nas Terras de Pontevedra foron menos notorias, como as xa relatadas nas igrexas de San Mamede de Moldes, Santa María de Ponte Sampaio e San Miguel de Marcón.

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.