Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

O impresionante barroco

A riqueza da zona no que atingue ao patrimonio arquitectónico relixioso de estilo barroco é moi ampla.

Comezamos a nosa andadura polo interior, en Barro, na igrexa de San Breixo; e seguimos o noso percorrido polo municipio de Campo Lameiro, na igrexa de Santa María de Muimenta, onde xunto a outros santos, se amosa unha imaxe da Asunción, obra do entallador francés Juan de París. A viaxe continúa en Cotobade, en Augasantas, onde se atopa a igrexa parroquial de Santa María (primeiro terzo do s. XVIII), de cruz latina, onde se eleva un notable campanario e unha fermosa fonte no adro, coroada pola imaxe da Virxe. Tamén barrocas son as igrexas parroquiais de San Martiño de Borela, San Martiño de Rebordelo e de San Miguel de Carballedo. O municipio de Cotobade acolle ademais varias pequenas capelas deste estilo.

Alonxándonos deica a costa, no municipio de Marín, atopámonos con múltiples capelas e igrexas reedificadas durante o barroco, como a de Santa María de Ardán, San Xián de Marín de Arriba e Santa María do Porto (s. XVIII).

Na costa frontal, no municipio de Poio, atopamos varios templos. A igrexa de San Roque de Combarro (s. XVIII) consta dunha soa nave, aspecto característico da arquitectura relixiosa dos pobos mariñeiros. O seu retablo, barroco tardío con elementos neoclásicos, ten tallado na parte central un escudo da Coroa de Castela, debido ao vencello de Combarro co Mosteiro de San Xoán de Poio. Outro exemplo do barroco de Poio maniféstase na igrexa de San Salvador (segunda metade do s. XVIII), cuxa peculiaridade radica no seu campanario exento. A capela da Virxe da Renda (Combarro, 1712), concebida para render culto a Nosa Señora de Gracia, antigamente venerada na Illa de Tambo, e a igrexa de Santa María (s. XVIII) completan o principal patrimonio deste municipio vencellado ao Barroco.

Retornamos ao interior das Terras de Pontevedra para achegarnos a Ponte Caldelas, onde ademais do xa citado retablo barroco da igrexa de Santa María de Tourón, cabe sinalar outros expoñentes do barroco como a igrexa de Xustáns, cun importante cruceiro no seu adro, e a igrexa de Santa Eulalia (s. XVIII), onde se conserva o retablo pétreo realizado por Manuel González (tamén autor da fonte da praza do Bispo, no mesmo lugar, e do calvario de Castro Barbudo).
 
Avanzamos agora até o centro da cidade de Pontevedra, en cuxo casco histórico se atopa a antiga igrexa Xesuíta de San Bartolomeu o Novo (1696-1714), referente do barroco galego e lugar onde se atopa a patroa da cidade: a Virxe da O. A estrutura do templo responde a unha reinterpretación estilística do arquitecto -Pedro Monteagudo- dos modelos italianos do momento. Tan importante coma o propio edificio é o conxunto de retablos e esculturas que atesoura no seu interior, obra de figuras da talla de Juan Antonio García de Bouzas, Gregorio Fernández, Benito Silveira, José Gambino, Pedro de Mena, etc. Ao carón da igrexa consérvanse as antigas dependencias conventuais e colexiais xesuíticas (actual edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra), co fermoso claustro e a monumental escaleira.

O santuario da Virxe da Peregrina, por onde pasa o Camiño Portugués a Santiago de Compostela, incorpora tamén formas barrocas, fundidas co rococó e o neoclasicismo. Tamén o barroco deixou a súa pegada noutras igrexas parroquiais do concello, como a de Santa María e a de Santo André de Xeve.

Non queda exenta Vilaboa da presencia do barroco, como a igrexa de Santa Comba de Bértola (ss. XVI-XVIII) e a igrexa parroquial de San Martiño de Vilaboa, que conserva unha capela lateral deste estilo (s. XVII).

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.