Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Novas de Terras de Pontevedra

Que facer en Terras de Pontevedra en familia, cando chove

A choiva nunca foi un impedimento para desfrutar das Rías Baixas: os soportais nas cidades, como os de Pontevedra, a tradición dos contos de lareira, descobre algún recuncho armados cunhas boas botas e un paraugas… Pero existen ademais moitas alternativas para visitar sen mollarnos.

 

 

Deixámosvos ideas para seguir explorando Terras de Pontevedra coa familia, tamén cando chove:

20 pontevedra praza das cinco ruas

1.- Museo de Pontevedra

O Museo de Pontevedra é un dos museos máis representativos da historia, arqueoloxía e arte de Galicia. Os seus fondos repártense en seis edificios diferentes: Castro Monteagudo, García Flórez, Fernández López, Sarmiento, o Sexto Edificio e as ruínas do Convento de San Domingos.

Cada un dos edificios acolle coleccións diferentes, entre as que chaman máis a atención dos pequenos da casa atópanse:

  • A colección de arqueoloxía e xoiería prerromana e romana
  • A cociña tradicional galega
  • A reprodución da cámara da fragata Numancia
  • A colección de Castelao
  • A colección asiático - oriental

Nos meses do verán, vacacións e datas sinaladas, o museo organiza obradoiros para nenos de tódalas idades e visitas guiadas especiais.

 

2.- Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

O CITA é un pequeno museo que permite coñecer un pouco máis a fondo a historia da cidade de Pontevedra. O espazo aproveita o foso defensivo do pazo-fortaleza das torres arcebispais, descubertos nas obras da avenida de Santa María.

Conta con numerosos elementos interactivos, pantallas táctiles e xogos, que percorren o pasado medieval e o poñen en contexto coa cidade de hoxe en día. Así como nos amosan como se defendía a cidade a través da escarpa, a contraescarpa e a ponte levadiza.

 

Museo Casa Cristobal Colon

 

3.- Casa Museo Cristóbal Colón

A Casa Museo Cristóbal Colón é un deses museos pouco coñecidos nos que explorar o pasado mariñeiro de Galicia. Partindo da tese da orixe galega de Cristóbal Colón, e con base nos estudos de Celso García de la Riega, este espazo conta con numerosos contidos audiovisuais e unha interesante colección de documentos e estudos, entre os que se inclúe unha réplica da carta náutica de Juan de la Cosa, do ano 1500.

Ademais, aséntase sobre a Casa da Cruz, que pertenceu á familia Colón na Idade Media e moi cerca do barrio de A Moureira, no que se construíu a nave capitana Santa María.

 

4.- Centro Arqueolóxico de A Caeira

O centro de interpretación – Centro Arqueolóxico A Caeira, atópase anexo á oficina de turismo de San Salvador de Poio. Trátase dun pequeno espazo expositivo de visita gratuíta no que podemos coñecer os petróglifos da zona e a súa historia.

Instalacións didácticas, vídeos e distintos elementos multimedia intentan explicar a orixe dos petróglifos, e mostran como foi o descubrimento dos gravados da zona e as aportacións do arqueólogo Ramón Sobrino Buhígas, quen deu a coñecer as pedras e gravados que atopamos no veciño barrio de A Caeira.

O centro conta tamén con unha réplica do petróglifo Pozo Ventura, dunhas características excepcionais dentro dos petróglifos galegos e que recordan ós atopados na Bretaña Francesa ou Irlanda.

 

San Xoan de Poio

5.- Claustros do Mosteiro de San Xoán de Poio

O Mosteiro de San Xoán de Poio é Monumento Histórico – Artístico dende 1970. En realidade, trátase de dous monasterios: o antigo convento beneditino e un moderno monasterio mercedario, construído orixinalmente para ser seminario e que na actualidade se adica á hospedaría turística.

No exterior, atopamos o famoso hórreo de tres pes. É o de maior capacidade de toda Galicia e un dos de maior lonxitude. Ademais, a diferencia dos hórreos comúns, conta con tres filas de pes.

Xa no interior do convento beneditino, destaca o Claustro da Portería, de metade do século XVIII e con un gran mosaico de 200 m2 do Camiño de Santiago; o Claustro Procesional, de fermosas bóvedas estreladas e unha fonte barroca; así como a Igrexa, construída no século XVII e con un bonito retablo de estilo churrigueresco, do século XVIII.

 

6.- Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro é o espazo perfecto para adentrarse nos segredos dunha das rexións con maior concentración de petróglifos de toda Europa, incluso cando chove.

O parque conta con un museo interactivo no que, grandes e pequenos, poden seguir os pasos dos homes e mulleres da Idade de Bronce, aprender como realizaron os gravados e descubrir as diferenzas e semellanzas cos do resto de Europa. Conta, ademais, no seu interior, con algunhas reproducións dos petróglifos máis representativos de Galicia.

A esta parte expositiva, únese un itinerario ó aire libre de mais de 3 quilómetros de lonxitude. O parque organiza tamén numerosas actividades e obradoiros para familias e nenos de tódalas idades nos que poderán aprender cousas novas sobre a Idade de Bronce, a arqueoloxía e as lendas e historias que se agochan tras dos gravados de arte rupestre.

terras campo lameiro 0001 00 paar 01

7.- Museo Municipal de Marín Manuel Torres

O Museo Municipal de Marín acolle 77 obras do pintor Manuel Torres, nacido nesta localidade en 1901. A colección, con grandes influencias de Maside e Castelao, abarca case todas as disciplinas e correntes.

 

Ademais, saborear a marabillosa gastronomía galega dende as terrazas cubertas de Combarro ou pasear pola zona comercial aberta de Pontevedra, poden ser tamén unha gran alternativa para desfrutar da nosa visita á Ría de Pontevedra cando chove.

 

Segue explorando Terras de Pontevedra coa App para iOS e Android

Terras de Pontevedra oferta numerosos atractivos para tódolos viaxeiros. Atopa mais lugares únicos ou segue os itinerarios temáticos da  aplicación móbil para descubrir algún dos tesouros mellor gardados de Galicia e desfrutar dun territorio inigualable.

 Descarga a app para Android e iOS neste enlace

 

Lee este artigo en PDF.

Etiquetas: museo, terras de pontevedra, planes, en familia

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.