Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Novas de Terras de Pontevedra

¿Coñeces Marín? 7 imprescindibles para a túa próxima viaxe a Galicia

A mancomunidade turística de Terras de Pontevedra conta con unhas paisaxes marabillosas que namoran ós viaxeiros que visitan as Rías Baixas. As praias de Marín son algunhas delas, pero isto non é o único que oferta o concello.

Neste artigo percorremos algún dos lugares e as actividades imprescindibles que non te podes perder na túa próxima visita a Marín. 

 

Marin praza da veiguina

1.- O Casco Antigo de Marín

Famosa pola Escola Naval, Marín ten tamén un coqueto casco antigo de orixe medieval. Na Praza do Reloxo, as antigas casas de pescadores conviven coa señorial Casa das Irmás Fontenla, así como con algunhas das casas que pertencían ós corsarios ó servizo do rei. Tamén atopamos aquí o Templo Vello, unha igrexa de aspecto barroco de orixe no século XII, cando o Convento de Oseira se estableceu nesta en Marín.

A Praza de Abastos, a Alameda cos seus xardíns e o Palco da Música ou o Museo Manuel Torres, son outros dos puntos que ben merecen unha visita.

2.- Labirintos de Mogor

A poucos metros da Praia de Mogor, atópase un dos petróglifos máis representativos de toda Galicia: A Pedra do Labirinto. Este labirinto, que durante anos compuxo a imaxe turística de Galicia, é tamén un dos grandes enigmas da arte rupestre, con sete composicións circulares que, xunto coa Pedra dos Campiños e a Pedra dos Mouros, poñen en contacto as tradicións rupestres do Atlántico e do Mediterráneo.

A mellor hora para intentar descubrir os seus segredos e o tesouro que, segundo a lenda popular, se agocha debaixo destas rochas, é no solpor. O Centro de Interpretación que se atopa ó pe da área arqueolóxica, organiza visitas guiadas ó longo do ano, tanto diúrnas como nocturnas (reserva previa obrigatoria na tempada baixa.)

 

Labirinto de Mogor

3.- Castro da Subidá

Os Labirintos de Mogor non son a única mostra do pasado prehistórico de Marín. Moi preto da vila de Marín atópase o Castro da Subidá, un asentamento datado entre os séculos I e IV dC.

Os restos deste castro fálannos dunha economía baseada na agricultura e gandería, pero tamén no marisqueo e no comercio con outros lugares de Europa. Ademais, o sitio ofrece unha incribles vistas de Marín, a Illa de Tambo e a Ría de Pontevedra.

No Museo de Pontevedra pódense visitar algún dos materiais que se atoparon nas distintas escavacións realizadas neste castro.

4.- Granxa de Briz

A Granxa de Briz, tamén coñecida como Parque dos Sentidos, atópase no que fora a antiga “Granxa da Costa” dos monxes de Oseira.

Preto de 24.000 metros cadrados deseñados para que nenos e maiores desfruten con tódolos sentidos a través de xogos infantís, esculturas en madeira, estanques, instrumentos musicais, un auditorio e frondosas árbores.

Outro grande favorito das familias é o Lago Castiñeiras, que Marín comparte con Vilaboa. Este gran miradoiro natural conta con unha área recreativa, un Centro de Recuperación da Fauna Silvestre e un dos campos de dolmenes máis importantes de Galicia, no que se atopa a famosa Mámoa do Rei.

 

Vistas desde el Castro de A Subidá Marín senderismo

5.- Os roteiros de Senderismo

A natureza que rodea Marín pódese explorar a través dos distintos roteiros que oferta a localidade. Un dos mais coñecidos é o dos Cinco Miradoiros, un roteiro circular de 10 quilómetros e dificultade media-baixa que mostra algunhas das panorámicas mais impoñentes da Ría de Pontevedra.

De maior dificultade, o roteiro do Monte Penizas é un percorrido lineal de 6 quilómetros que alterna tramos de carreteira e camiños para alcanzar un dos grandes miradoiros sobre a ría e visitar dous dos monumentos de arquitectura relixiosa mais destacables do municipio: Santa María do Campo e Santo Tomé de Piñeiro. Existe unha desviación ó Muíños do Loira que engade case un quilómetro á ruta, pero transcorre por unha área de grande beleza natural.

Ademais, o Concello de Marín organiza andainas para tódos os públicos que percorren en grupo estes e outros roteiros da zona. Mais información e inscrición na páxina web da Área de Turismo.

6.- A Danza das Espadas

A Festa de San Miguel celébrase a finais de Setembro, desde 1639. Esta festa, declarada de Interese Turísticos de Galicia pola súa antigüidade, singularidade, arraigo e valor cultural, vai acompañada da Danza das Espadas, un baile centenario que interpretan homes e mulleres en ofrenda a San Miguel, patrón do Gremio de Mareantes.

Á festa patronal únese a festa popular de San Migueleiro, unha ruta polos locais gastronómicos da cidade, acompañada de charangas e concertos, que atrae a mozos e familias de toda Galicia e moitos outros lugares de España e Portugal.

Outras festas populares son as Festas do Carmen, a principios do mes de Xulio, e a Festa da Cigala, a finais do mesmo mes.

playa de lapaman Marin

7.- As praias de Marín

Pode que no sexan a única razón para visitar Marín, pero son sen dúbida un dos imprescindibles que non te deberías perder: Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, El Santo, A Coviña e Lapamán son algúns dos mellores areais das Rías Baixas.

Á súa beleza natural, auga cristalina e envexable area fina, súmase que o Concello de Marín é o primeiro concello de Galicia en contar coa certificación EMAS de xestión medio ambiental para as súas praias e, todas elas salvo A Coviña, contan coa bandeira azul.

Hai moitas opcións para aparcar na zona, pero quizás a mellor forma de visitalas é a pe ou en bicicleta a través da Rota das Praias, un sendeiro lineal que vai de Portocelo á Praia Santo do Mar e que foi recoñecido como Sendeiro Azul.

 

Segue explorando Terras de Pontevedra coa App para iOS e Android

Terras de Pontevedra oferta numerosos atractivos para tódolos viaxeiros. Atopa mais lugares únicos a un paso de Marín ou segue os itinerarios temáticos da aplicación móbil para descubrir algún dos tesouros mellor gardados e desfrutar dun territorio inigualable.

Descarga a app para Android e iOS neste enlace

 

Lee este artículo en PDF.

Etiquetas: gremio mareantes, marin, senderismo, planes

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.