Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Novas de Terras de Pontevedra

Comer en Terras de Pontevedra: as festas gastronómicas ineludibles

Galicia é un paraíso para os amantes da boa mesa: un produto de primeira calidade e quilómetro cero, grandísimos cociñeiros e a paixón por compartir as nosas tradicións e historias con un prato diante e unha copa do mellor viño. Terras de Pontevedra non podía ser una excepción.

Partillamos con vos 7 festas gastronómicas imprescindibles nas que probar os produtos típicos, practicamente do mar e o campo á mesa, para que as apuntedes na vosa axenda 2019:

1.- Troita en Ponte Caldelas

A Festa da Troita de Ponte Caldelas xurdiu como unha iniciativa dun grupo de afeccionados á pesca en 1967 e hoxe en día está considerada de Interese Turístico de Galicia. Vai acompañada polo Concurso Internacional de Pesca, nas augas do río Verdugo ó seu paso por Ponte Caldelas e moi preto da praia fluvial de A Calzada.

Nesta festa pódese catar a troita en tódalas súas formas, xa sexa nos numerosos locais especializados da zona ou na degustación popular que se leva a cabo na Alameda.

Cando: último domingo do mes de maio / primeiro de xuño.

terras de pontevedra vinos igp ribeira morrazo

2.- Viño en Vilaboa

Ribeiras do Morrazo pode que non sexa unha das IXP (indicación xeográfica protexida) mais coñecida polos viaxeiros, especialmente tendo en conta a súa recente aprobación en Bruxelas, pero estes viños tintos e brancos secos producidos entre as rías de Vigo e Pontevedra, xa contan coa súa propia festa gastronómica, na Mostra do Viño de Vilaboa.

A festa celébrase na parroquia de Santa Cristina de Cobres e inclúe distintas catas e casetas de degustación popular dos viños producidos baixo a IXP.

Cando: a finais de maio.

3.- Anguía en Pontesampaio (Pontevedra)

A festa da anguía festexa, por un lado, un prato único, repartindo mais de 800 quilos ós visitantes que se achegan a probar o produto nas súas distintas preparacións: frita, guisada, en empanada ou escabeche; e por outro, é un homenaxe ós mariñeiros xubilados, ós que se outorga o distintivo da anguía de ouro.

Cando: primeira metade de xuño.

En Pontevedra celébranse tamén as festas da castaña (Tomeza), o caldo galego (Mourente) ou a mel.

4.- Augardente en Campo Lameiro

Celebrando a primeira fin de semana do verán, chega a Campo Lameiro unha festa única en torno a elaboración da augardente. A primeira hora, acéndese os alambiques, que empezan a producir, ata obter os licores baixo a atenta mirada dos visitantes.

A festa vai acompañada de unha cata, unha comida popular con pratos e viños da zona e unha queimada.

Cando: última semana de xuño / primeiro de xullo.

festa da cigala marin

5.- Cigalas en Marín

A festa da Cigala de Marín é unha das feiras gastronómicas mais populares das Rías Baixas. Con un dos portos pesqueiros mais grandes de España e unha profunda tradición mariñeira, que trae as cigalas vivas á lonxa, é sen dúbida un dos mellores sitios para degustar este produto.

Cando: segunda quincena de xullo.

En Marín tamén se celebra o San Migueleiro, unha ruta gastronómica polos locais do concello e que acompaña ás Festas de San Miguel e Danza das Espadas, de Interese Turístico de Galicia.

6.- Ameixa en Campelo (Poio)

No pequeno porto de Campelo, atópase a lonxa de maior facturación en bivalvos das rías galegas. É, sen dúbida, o mellor lugar para probar as ameixas que as mariscadoras da zona cultivan na ría de Pontevedra. A festa celébrase dende 1988 e atrae a todo tipo de visitantes para desfrutar das actuacións musicais, o folclore tradicional e as ameixas á pescadora, preparadas con fabas e fideos.

 Cando: segunda fin de semana de xullo.

Moi preto de aquí, a mediados de agosto, Combarro celebra a popular Festa do Mexillón, unha escusa máis para percorrer o seu bonito centro histórico e os seus hórreos a carón do mar.

ameixa Campelo

 

7.- Requeixo e Filloas en Corredoira e Valongo (Cerdedo – Cotobade)

O concello de Cerdedo - Cotobade ten no seu calendario moitas festas gastronómicas. Entre as de maior tradición atópanse as do Requeixo de Corredoira, que xa vai pola edición 40, e a das Filloas de Valongo, que alcanzará a 41 este 2019.

 Á primeira aconsellamos ir cedo, xa que as cerca de 250 pezas artesanais de requeixo que se poñen a venta, esgótanse cedo. A segunda, que se enmarca nas festas patronais da Virxe do Libramento, reparte cerca de 5.000 filloas entre os asistentes.

En ambos casos, a festa complétase con cenas populares e música.

Cando: A Festa do Requeixo de Corredoira a metade de xuño e a Festa da Filloa de Valongo na primeira fin de semana de setembro.

 

Estas 7 non son as únicas festas gastronómicas de Terras de Pontevedra, podes consultar un listado completo neste artigo da web.

 

Segue explorando Terras de Pontevedra coa App para iOS y Android

Terras de Pontevedra oferta numerosos atractivos para tódolos viaxeiros. Atopa lugares únicos e itinerarios temáticos na aplicación móbil e descobre algúns dos tesouros mellor gardados de Galicia.

Descarga a app para Android e iOS neste enlace

 

Lee este artigo en PDF.

Etiquetas: fiesta gastronomica, fiestas, festivales, celebraciones, agenda

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.