Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Benvidos a Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra ten como obxectivo poñer en valor, mellorar a oferta complementaria e aumentar a calidade dos recursos turísticos dos concellos de A Lama, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.

 

Aviso

JFile: :read: non é posíbel abrir o ficheiro: http://www.visit-pontevedra.com/rss/genera_rss.php?id_seccion_rss=9&languaje_rss=gal&r=2345

Mensaxe

Failed loading XML...

Novas de Terras de Pontevedra

Un día en Poio: que ver e facer para unha visita inesquecible á Ría de Pontevedra

Ó carón da cidade de Pontevedra e separado unicamente pola ría, o concello de Poio combina a paisaxe meramente mariñeira coa urbana, ofertando a quen o visita un importante patrimonio artístico e natural. 

Recollemos algún dos imprescindibles de Poio para que non perdas nada na túa próxima viaxe pola Ría de Pontevedra. 

 

mirador de A Caeira

1.- Area Arqueolóxica de A Caeira

Empezamos o día a 150 metros de altitude, no barrio de A Caeira. Aquí, nunha ladeira empinada atoparemos un impoñente miradoiro con vistas á ría e a cidade de Pontevedra. Xusto debaixo, unhas pasarelas de madeira condúcennos á Área Arqueolóxica da Caeira, máis de unha vintena de gravados rupestres, tres dos cales están considerados Monumentos Histórico Artísticos: a Laxe do Xugo, a Laxe das Lebres e a Pedra Grande de Montecelo.

O espazo conta con paneis informativos para axudarnos a observar as figuras nas rochas, máis visibles durante as primeiras horas da mañá ou no solpor. Tamén e moi aconsellable achegarse ó Casal de Ferreirós en San Salvador de Poio, onde se atopa o centro de interpretación – Centro Arqueolóxico A Caeira, no que poderemos coñecer mais a fondo os petróglifos desta zona das Rías Baixas e os arqueólogos que os descubriron.

2.- Casa Museo Cristóbal Colón

A Casa Museo Cristóbal Colón aséntase sobre a Casa da Cruz, que foi propiedade da familia do navegante durante a Idade Media. Neste punto estúdase unha das grandes enigmas da historia: ¿Quen foi Cristóbal Colon? ¿E de onde?

O centro analiza a través do seu espazo expositivo, as distintas teorías da orixe galega do navegante, sobre a base dos traballos de Celso García de la Riega. Ademais conta con numerosos documentos e contidos audiovisuais nos que se poden descubrir moitas curiosidades da historia mariñeira da ría de Pontevedra.  

 

casa colon

3.- Mosteiro de San Xoan de Poio

O Mosteiro de San Xoán de Poio ten as súas raíces no século VII, pero é a partir do século X cando se lle outorgan numerosos privilexios reais e nobiliarios que contribuíron ó seu esplendor. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1970 e é unha visita imprescindible para tódolos amantes da historia e do arte que visitan estas terras.

Do edificio principal pódense visitar (consultar horario) o Claustro Procesional, o Claustro da Portería e a Igrexa. No exterior conta, ademais, co hórreo de maior capacidade de toda Galicia e un dos mais largos, con 121 metros de lonxitude e unha morfoloxía única sobre tres ringleiras de pes.

4.- Parque A Seca

O parque de A Seca é un lugar curioso alonxado da tradicional rota turística, con magníficas vistas sobre a ría e a illa de Tambo. Nel, ademais de numerosos espazos de recreo e parques infantís, atópase o chamado Parque da Memoria, un conxunto escultórico deseñado polo premio Nobel Pérez Esquivel no que se rende homenaxe á emigración dos cinco continentes.

Probablemente, unha das formas máis fermosas de achegarse ata aquí sexa a través do sendeiro dos Muíños da Freixa, que parte a 1 quilómetro do Mosteiro de Poio e finaliza na área deportiva de A Seca.

Durante distintas épocas do ano tamén podemos atopar con marea baixa a centos de mariscadoras traballando para obter os froitos que se degustarán na Festa da Ameixa no porto de Campelo.

 

Parque da memoria A Seca Poio

5.- Illa de Tambo

A cabalo entre Marín e Combarro, esta pequena illa de tan solo 28 hectáreas, ten unha longa historia e moitas lendas. Unha das máis coñecidas di que San Frutuoso andou dende Tambo ata Poio, onde fundou o Mosteiro de San Xoán de Poio.

O antigo mosteiro da illa foi destruído durante as incursións piratas de Francis Drake, pero aínda conta coa antiga igrexa do mosteiro e unha fermosa fonte, así como un faro e tres pequenos embarcadoiros.

Hoxe en día as visitas están restrinxidas, pero organízanse de cando en vez visitas guiadas para coñecer este peculiar enclave pontevedrés.

6.- Muíños de Samieira

Posiblemente un dos sendeiros mais populares da zona, xunto coa chamada “Variante Espiritual”, é este camiño polo río Freiría, no que atoparemos 23 muíños en distintos graos de conservación.

O percorrido lineal, de preto de 11 quilómetros ida e volta, transcorre pola ladeira do Monte Castrove por un camiño de baixa dificultade e acondicionado con pasarelas de madeira. Ó final da ruta, atópanse dous miradoiros dende os que se poden desfrutar unhas magníficas vistas da ría de Pontevedra.

 

combarro2

7.- O Centro Histórico de Combarro

Combarro é visita obrigada para todo aquel que se achegue ás Rías Baixas. Declarado Conxunto de Interese Artístico e Pintoresco en 1972, este pequeno pobo mariñeiro ten unha das paisaxes mais peculiares de toda Galicia cos seus 30 hórreos a carón do mar.

Construído enriba de bloques graníticos, o centro histórico de Combarro non solo son hórreos. Os cruceiros e balcóns mirando ó mar, a igrexa do século XVIII en honra a San Roque ou os numerosos locais gastronómicos, fan que sexa un mais que merecido fin de rota para o noso día percorrendo o concello de Poio.

 Para os que queiran seguir explorando, o concello conta con 20 quilómetros de praias semi-urbanas e naturais, das cales dúas delas (Cabeceira e Xiorto) contan con bandeira azul ano tras ano.

 

Segue explorando Terras de Pontevedra coa App para iOS e Android

Terras de Pontevedra oferta numerosos atractivos para todos os viaxeiros. Atopa máis lugares únicos a un paso de Poio ou segue os itinerarios temáticos da aplicación móbil para descubrir algún dos tesouros mellor gardados de Galicia e desfrutar dun territorio inigualable.

Descarga a app para Android e iOS neste enlace

 

Lee este artigo en PDF.

Etiquetas: rias baixas, Poio, planes

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.