Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Petroglifos de Castro Loureiro

laxe 1 do cervo

Situados no monte da parroquia de Portela, no lugar de A Costa e paraxe de Castro Loureiro, a unha altitude de 227 metros, os Petroglifos de Castro Loureiro forman un  conxunto de varias laxes dun afloramento granítico  no que se atopan gravados polo menos en catro delas. Unha quinta laxe, situada entre as dúas primeiras con gravados, ten un orixinal  burato resultado da erosión.

Os gravados sobre as dúas primeiras laxes foron descubertas no ano 2003 (laxe nº 1 e a laxe nº 2), e estudadas Xesus Rodríguez. No ano 2004 despois da realización dunha corta de madeira por encargo da Xunta de Montes da A  Portela descóbrense  por Iago Rodríguez Vázquez, outras dúas laxes -laxes nº 3 e a laxe nº 4 -que se sitúan a continuación das descubertas no ano 2003.

A contorna constitúe un conxunto con un alto valor ambiental, paisaxístico e simbólico dende onde se visualizan outros  outeiros significativos dos montes de Perdecanai,  A Portela e Agudelo.

Descrición Técnica

Laxe nº 1: De forma alongada e abombada ten unhas dimensións aproximadas de 4 m. de largo por 1,80 m. de ancho. Apreciase que foi recortada por un lateral Os motivos son tres combinacións circulares. A máis grande,  de 30 cm de diámetro, situada  no centro aproveitando a parte máis alta da pedra, ten unha cazoleta central con tres  círculos concéntricos e diferentes apéndices radiais que conectan ditos círculos coas outras combinacións circulares  A máis sinxela, con 13 cm de diámetro, ten dous círculos concéntricos mentres que o seguinte motivo, de 20 cm. de diámetro, presenta unha pequena cazoleta central con dous círculos concéntricos e apéndice radial a partir da cazoleta.

Laxe nº 2: Moi alterada polas incisións feitas  para fendela que eliminaron parte da capa superficial da mesma,  situada a un par de metros ó leste da anterior, atópanse outras tres combinacións circulares de aproximadamente 25 cm de diámetro. Trátase de círculos concéntricos con apéndices radiais a partir dun punto central; nun caso presenta cazoleta. Os intentos de partila feitos polos pedreiros seccionaron dous dos gravados. Apréciase unha porción do que poidera ser un circulo de outro motivo eliminado.

Laxe nº 3:  Situada o sur da laxe nº 2 ten forma alongada e rectangular nunha posición inclinada con pedras laterais mais pequenas e unha incisión no tramo mais baixo, coa superficie moi erosionada que dificulta o resalte dos gravados, a pesar de todo distinguense varios motivos circulares moi erosionados dos que destaca un no que se aprecian tres círculos concéntricos e unha incisión que podería se unha cazoleta. 

Laxe nº 4: situada a escasos centímetros baixando e a continuación da laxe 3,  tratase da laxe con maior variedade de motivos, de forma ovalada, lixeiramente abombada e inclinada con concentración de motivos na parte central e na parte mais baixa, destaca unha gran cazoleta con saída sobre  un motivo de círculos concéntricos e puntos situado na parte mais central da laxe, outros motivos de menor tamaño con círculos e puntos completan os gravados na parte mais baixa da laxe. Dous motivos circulares sitúanse o sur da cazoleta, un deles con catro círculos concéntricos unido mediante un trazo lineal  a outro motivo circular con puntos. Outros dous motivos circulares un deles con dous círculos concéntricos e outro con puntos  sitúanse na parte oposta.

Fonte e fotos: Xesús Rodríguez Castro  2016

Información

Enderezo

Lugar de A Costa, Paraxe de Castro Loureiro
36820 Pontevedra

Aceso

 Pola estrada que vai dende a N-550 no núcleo de Santo Antoniño imos cara o lugar de Outeiro. Deixando o colexio público Amor Ruibal chegamos o campo de balompé. A partir de aí recoméndase ir andando. Convén gps

Info útil

Convén gps

Como Chegar á Castro Loureiro

Código QR

qr Barro Petroglifos de Castro Loureiro

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.5166583333
Lng: - -8.630275

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42º 31' 05"
Long: 8º 37 ' 43""W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.