Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

LIC Río Lérez

lic lerez

O Lugar de Importancia Comunitaria río Lérez ten o seu nacemento nunha das zonas máis chuviosas da Dorsal Montañosa Galega, que separa as provincias occidentais das orientais (neste caso Pontevedra e Ourense), concretamente na Serra do Candán, onde a media de precipitacións anuais supera amplamente os 2.000 mm.

O río Lérez fai a súa entrada nas Terras de Pontevedra por Cotobade e Campo Lameiro, para atravesar Pontevedra até a desembocadura da ría. O Lérez atravesa a provincia de Pontevedra de lado a lado a través dos seus 57 quilómetros de lonxitude, discorrendo por un val encaixado caracterizado por unha litoloxía a base de xistos, granitos e gneises. Cómpre salientar os fermosos bosques de ribeira formados á beira do río a base de freixos e bidueiros, xunto aos carballos e rebolos das ladeiras. A vexetación chega ás abas do val concretada en uces e toxos, tan característicos deste entorno.

En canto á fauna, as augas do Lérez acollen, entre outros, troitas e salmónidos en xeral, ademais doutros animais como lontras, rás... O entorno do río destaca así mesmo pola importante variedade de paxaros que acolle, entre os que atopamos a rapina cincenta, cotovías, avenoiteiras cincentas, falcóns peregrinos, picanzos vermellos, alavancos reais, azores, mouchos de orellas, andoriñas das barreiras, fulepas amarelas, etc. Xunto a outros animais tamén voadores como distintas especies de morcegos, libélulas... Sen esquecer réptiles coma a salamántiga galega ou o lagarto das silvas.

Ligazóns de Interese

TURGALICIA:www.turgalicia.com
CONCELLO DE PONTEVEDRA:www.pontevedra.eu
CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO: www.campolameiro.com
CONCELLO DE COTOBADE:www.concellodecotobade.org
CONCELLO DE VILABOA: www.vilaboa.org
TURISMO RIAS BAIXAS:www.riasbaixas.org

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.