Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Entroido

Entroido de Pontevedra, o Loro Ravachol
O entroido de Terras de Pontevedra é variado e singular, con numerosas manifestacións que se reproducen segundo as características locais nos distintos lugares que forman parte da mancomunidade. Entre todas as celebracións desta festividade son de especial relevancia o Entroido de Cobres, e os de Pontevedra, Poio e Marín; pola singularidade das súas festividades.

ENTROIDO DE COBRES - VILABOA

O famoso Entroido de Cobres, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, ten lugar no municipio de Vilaboa, nas parroquias de San Adrián e Santa Cristina, cuxas miradas dan ao mar da Enseada de San Simón.

Trátase dun entroido de raíces medievais moi vinculado ao mar, no que os protagonistas son as madamas (mozas) e os galáns (mozos). Seguindo a tradición, durante varios días madamas e galáns percorren as casas do municipio formando comparsas. Cada comparsa está formada por catro madamas e catro galáns que, ataviados con vistosas vestimentas, decoradas con espellos, alfadas e símbolos florais, acoden acompañados de varios paisanos vestidos de Branco, calados con boina. Cada comparsa percorre as casas ao tempo que baila ao son da gaita, mentres recada cartos para a celebración das festas. Un mordomo acode ao paso levando as contas das achegas que fai cada veciño.

O día grande é o Martes de Entroido, cando teñen lugar as copiosas comidas, elaboradas a partir de produtos procedentes do porco. Até fai uns anos tiña lugar a 'corrida do galo', que foi prohibida polas autoridades por ser lesiva para o animal.

ENTROIDO DE PONTEVEDRA E ENTERRO DE RAVACHOL

O entroido de Pontevedra pode considerarse coma o entroido urbano máis importante de Galicia. Os festexos inícianse coa chegada do rei Urco, o venres anterior ao comezo da coáresma. A festividade atrae multitude de persoas que se achegan para gozar do entroido, especialmente o sábado seguinte (día do desfile de comparsas e disfraces), e o venres, cando se celebra o Enterro do Loro Ravachol, ao que choran as numerosas persoas que vestidas de loito forman o cortexo fúnebre do loro. A celebración remata coa incineración de Ravachol na emblemática praza da Ferraría.

ENTROIDO DE POIO E ENTERRO DO GALO

O enterro do Galo é o símbolo máis característico do entroido de Poio, unha vella tradición procedente da Idade Media que marcaba a fin do Entroido, que se mantivo até o primeiro terzo do século XX nalgúns lugares do municipio de Poio como A Seara, O Sartal ou Aríns. Esta tradición recupérase nos anos 80 de xeito que hoxe volve formar parte do representativo entroido de Poio, onde o galo visita todas a parroquias e encabeza os desfiles, atraendo ao público local e foráneo, que ve neste entroido particular un atractivo diferente.

ENTROIDO DE MARÍN

No entroido de Marín destaca o desfile de comparsas e disfraces, para o que traballan ano a ano multitude de persoas de todas as idades que buscan a maior orixinalidade nos seus disfraces, co fin de ser os máis orixinais e gozar das festas.

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.

Consola de depuración Joomla!

Sesión

Información do perfil

Uso de memoria

Consultas da base de datos