Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Feira de Cuspedriños

feira de cuspredinos

Feira de Cuspedriños ten lugar en San Xurxo de Sacos (Cotobade) e vén a recuperar o que constituíu a mediados do pasado século un dos máis importantes focos comerciais da zona. A vitalidade desta feira foi esmorecendo até desaparecer nos anos sesenta. Desde o pasado 2007 estase a recuperar esta iniciativa, coa celebración de polo menos dúas edicións anuais.


Entre os numerosos atrativos desta feira atópanse múltiples produtos tradicionais dispoñíbeis á venda para todo aquel que estea interesado: froitas, pan, doce, queixo, o popular requeixo de Corredoira, embutidos, viño, callos, as típicas filloas de Valongo, mel, zocos, roupa, ferretería, todo ao máis puro estilo tradicional das feiras galegas de antano. Todo elo amenizado con cantigas de cego, un titiriteiro, gaiteiros, incluso coa presencia do afiador e dun fotógrado 'coma os de antes'

O visitante poderá vivir a tradición de Terras de Pontevedra a través desta peculiar e característica feira.

Ligazóns de Interese

TURGALICIA:www.turgalicia.com
TURISMO RIAS BAIXAS:www.riasbaixas.org
CONCELLO DE COTOBADE:www.concellodecotobade.org

 

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.